Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 18-01-2024
    O escultor José Antonio Ocaña presenta a exposición 'Medio século tras a a idea, Glaucón' no Centro Municipal Ángel Valente en Ourense. Na sección de voces expertas, Moncho Lemos analiza as últimas estreas cinematográficas.
    31 min
  • Diario cultural 18-01-2024
    A Orquestra de Cámara Galega interpretará varias obras de Rogelio Groba nun concerto homenaxe no Teatro Colón da Coruña. Na sección de voces expertas, temos recomendacións musicais con Tito Lesende.
    30 min
  • 'Revolución Chic', novo disco de Brais Morán
    Brais Morán presenta o seu novo disco 'Revolución Chic'. Son músicas que convidan ao baile, que nos fan viaxar ao futuro e que espertan a imaxinación do oínte. No Diario Cultural facemos unha viaxe pola súa traxectoria musical. Brais Morán explica que este disco é o resultado de moitas experiencias profesionais e persoais. A súa música é unha viaxe ás discotecas dos anos 70 e tamén unha visión do futuro. 'Revolución Chic' é unha aposta artística revolucionaria.
    18 min
  • Os premios DeVuego
    Luz Castro analiza o desenvolvemento español no mundo dos videoxogos a través dos premios DeVuego, que celebran o décimo aniversario. Esta semana está aberta a fase de preselección para que os usuarios voten os seus favoritos. Son uns premios de público porque os usuarios e afeccionados teñen un papel moi relevante nas votacións. Entre as novidades, un galardón especial ao Mellor Estudo Novel do Ano. Analizamos con Luz Castro os novos proxectos e os últimos avances no sector.
    10 min
  • A lectura como ferramenta terapéutica
    No Diario Cultural entramos na biblioteca do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde coñecemos 'Biblioterapia', unha listaxe de lecturas seleccionada por profesionais sanitarios e especialistas en saúde mental. As lecturas están dispoñibles nos centros hospitalarios para doentes e familiares.
    Desde o Hospital de Día de Psiquiatría de Ferrol comparten connosco a súa experiencia no 'Club dos poetas vivos', un club de lectura creado en 2019 no que pacientes do hospital comparten as súas impresións sobre libros de todo tipo.
    Neste podcast rematamos descubrindo o club de lectura 'Capitán Mette', impulsado pola asociación de voluntarios en saúde mental Itínera de Santiago, no que vinte persoas len un libro cada semana.
    Estas e outras prácticas de lectura en común en contextos terapéuticos e con colectivos vulnerables expoñeranse no encontro 'Lecturas de coidado', que promove a Fundación Uxío Novoneyra os días 20 e 21 de xaneiro no Hospital Psiquiátrico de Conxo, en Santiago.
    28 min
  • Diario cultural 17-01-2024
    No Diario Cultural entramos na biblioteca do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde coñecemos 'Biblioterapia', unha listaxe de lecturas seleccionada por profesionais sanitarios e especialistas en saúde mental.
    Desde o Hospital de Día de Psiquiatría de Ferrol comparten connosco a súa experiencia no 'Club dos poetas vivos', un club de lectura creado en 2019 no que pacientes do hospital comparten as súas impresións sobre libros de todo tipo.
    Descubrimos o club de lectura 'Capitán Mette', impulsado pola asociación de voluntarios en saúde mental Itínera de Santiago, no que vinte persoas len un libro cada semana.
    Estas e outras prácticas de lectura en común en contextos terapéuticos e con colectivos vulnerables expoñeranse no encontro 'Lecturas de coidado', que promove a Fundación Uxío Novoneyra os días 20 e 21 de xaneiro no Hospital Psiquiátrico de Conxo, en Santiago.
    31 min
  • Diario cultural 17-01-2024
    Brais Morán presenta o seu novo disco 'Revolución Chic'. No Diario Cultural facemos un percorrido pola súa traxectoria musical. Brais Morán explica que este disco é o resultado de moitas experiencias profesionais e persoais. A súa música é unha viaxe ás discotecas dos anos 70 e tamén unha visión do futuro. 'Revolución Chic' é unha aposta artística revolucionaria. Na sección de voces expertas, Luz Castro preséntanos novidades no mundo dos videoxogos.
    32 min
  • Xackal, unha viaxe sonora irresistible
    Xackal presenta o seu primeiro disco longo 'Vén forte ben forte', unha viaxe sonora desprexuizada, vestida de electrónica, ritmos latinos e conexións atlánticas, da bossa ao house pasando pola música de raíz galega e outros moitos ritmos. O trío, formado por Nano Suárez de Lis, Gael Mvundi e Javi Otero, actúa o sábado 20 de xaneiro na sala Rebullón de Mos. Nesta entrevista regálanos unha versión en vivo da súa canción 'Cabo Victoria'.
    23 min
  • A pintura vital de Correa Corredoira
    A exposición ‘Lugar sen medida’ está inspirada na visita de Correa Corredoira a Namibia para crear unha rosa dos ventos similar á que ideou ao pé da torre de Hércules. A exposición inclúe máis de cen pinturas e debuxos que recollen a pulsión vital que caracteriza a obra de Correa, aquí representada polas imaxes de África, da natureza e os animais que a poboan, do erotismo e da vida.
    6 min
  • 'Antropotectura', de Jose Perozo
    O escultor vigués Jose Perozo amosa na galería coruñesa Monty4 unha serie de 19 pezas en madeira e cemento. A exposición 'Antropotectura' parte da idea de que a pel que habitamos é o noso refuxio. É unha reportaxe de Isabel Freire.
    15 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00