Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 29-12-2023
    Entrevista con Dosi Veiga, responsable da web de divulgación científica ‘Ceos galegos’. Na sección de voces expertas, facemos balance con Eva Mejuto das publicacións de literatura infantil e xuvenil máis destacadas do ano 2023.
    30 min
  • Diario cultural 29-12-2023
    O compositor e pianista Alberto Vilas presenta o seu último proxecto ‘Once cancións e unha danza’, un traballo de creación a partires de pezas tradicionais interpretadas a piano polo propio Vilas. Un paseo pola banda sonora da nosa infancia que se presenta como unha evolución das raíces musicais máis populares. É unha reportaxe de Ánxela Diéguez. Na sección de voces expertas, Alfonso Becerra fai balance do ano escénico 2023. Na lírica, destaca o traballo e o repertorio das asociacións de amigos da ópera da Coruña e Vigo. Entre eles, destaca a novidade da ópera infantil ‘Oca’, con letra de Gloria Rico, e con música e composición de Juan Durán. O ano 2023 comezou xa co éxito da estrea de ‘Mosca’, da compañía Ártika, con texto e dirección de Gustavo del Río.
    29 min
  • Balance musical 2023
    Tito Lesende fai balance do 2023, un gran ano para a creación musical en Galicia. Escoitamos algúns dos protagonistas dos últimos 12 meses: The Rapants, Fillas de Cassandra, Mondra, Xoel López e Tanxugueiras.
    18 min
  • Diario cultural 28-12-2023
    O 28 de decembro de 1923 nacía Manuel Ferrol, o fotógrafo da emigración. O seu traballo figurou nos catálogos de exposicións entre os grandes da fotografía do século XX. É unha reportaxe de Isabel Freire. Na sección de voces expertas, Moncho Lemos lembra a cineasta Patricia Ferreira, a súa vinculación con Galicia e as súas obras máis destacadas.
    29 min
  • Lembrando a Patricia Ferreira
    Falece a directora de cine Patrica Ferreira.Falamos coa produtora cinematográfica e directora membro de CIMA Chelo Loureiro e lembramos unha entrevista de Ana Romaní a Patricia Ferreira.
    11 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00