Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Galicia en xogo Motor - 23-12-2023
    A pouco máis dunha semana para que arrinque o Dakar 2024, recuperamos a conversa, conxunta, co monfortino Eduardo Iglesias e co piloto da Estrada Javier Campo. Os dous destacan a dureza do raid e o enorme esforzo físico e mental que supón cada tirada: "Cada día é unha meta", sentenzan.
    30 min
  • Luísa Villalta para todas as idades
    Eva Mejuto tráenos as primeiras publicacións sobre Luísa Villalta, homenaxeada das Letras de 2024, dirixidas ao público infantil e xuvenil. A primeira proposta é o álbum ilustrado 'Alma de violino', de Beatriz Maceda e Eli Ríos (Xerais), debuxado por Laura Suárez. Para lectorado a partir de 11 anos, Melodía de palabras (Xerais), escrito por María Canosa, con ilustracións de Laura Romero. Para o lectorado máis pequeno, 'Tinta de mar' (Lela Edicións) de Enrique Mauricio, con ilustracións de Tania Solla.
    10 min
  • Diario cultural 22-12-2023
    Un repaso pola música en vivo que podemos desfrutar nas próximas semanas: do concerto de Nadal da Orquestra Sinfónica de Galicia ao retorno a Vigo dos portugueses Trabalhadores do Comércio, pasando polo fin de xira d´A Banda da Loba, a presentación do último disco de Susana Seivane ou o aniversario de Zënzar.
    Eva Mejuto tráenos as primeiras publicacións sobre Luísa Villalta, homenaxeada das Letras de 2024, dirixidas ao público infantil e xuvenil. A primeira proposta é o álbum ilustrado Alma de violino, de Beatriz Maceda e Eli Ríos (Xerais), debuxado por Laura Suárez. Para lectorado a partir de 11 anos, Melodía de palabras (Xerais), escrito por María Canosa, con ilustracións de Laura Romero. Para o lectorado máis pequeno, Tinta de mar (Lela Edicións) de Enrique Mauricio, con ilustracións de Tania Solla.
    30 min
  • Diario cultural 20-12-2023
    'Nadal no Gaiás': música, teatro, xogos e moito máis ata o 7 de xaneiro! Falamos con Fátima Mª García, Xefa do Servizo de Coordinación Estratéxica e Innovación da Xunta de Galicia e coordinadora dos proxectos de Galiverso.
    Moncho Lemos tráenos varias estreas: 'Samsara', de Lois Patiño; 'El libro de las soluciones', de Michel Gondry; e 'Migración', de Benjamin Renner.
    15 min
  • Diario cultural 20-12-2023
    A autora preséntanos o su último poemario, unha escolma de fotopoemas editada por Xerais.
    Varios videoxogos premiados tráenos Luz Castro: 'Avy, Fábulas da Noite', de Gamespond; 'XERME', de Acariño Games; e 'Sea of Stars', de Sabotage Studio.
    30 min
  • Zënzar celebra cun concerto os seus ’35 anos bourando’
    O grupo Zënzar (que daquela se chamaba Mördor) deu o seu primeiro concerto o 23 de decembro de 1988. Este 23 de decembro, 35 anos despois, celebran o aniversario cunha actuación na Sala Capitol de Santiago, na que os acompañarán Zeltia Irevire, Xenderal e membros de Dios ke te Crew, Machina, Kastomä ou Ruxe Ruxe. Falamos con Zënzar destes 35 anos, do libro que editarán en 2024 e do seu papel na historia do rock en galego.
    16 min
  • Doar a voz, doar galego
    O Proxecto Nós busca que o galego sexa unha realidade no mundo dixital e na economia da intelixencia artificial. Elisa Fernández é a directora do Instituto da Lingua Galega.
    16 min
  • Dupla multiplica a súa proposta: 'El cubo perfecto'
    Mónica Maneiro comenta a última mostra da galería Dupla de Santiago, unha exposición colectiva na que participan oito artistas: Alba Galocha, Alberto Ash, Enay Ferrer, Iván Prieto, Lara Pintos, Lula Goce, Mario Soria e Mery Pais. As mostras de Dupla adoitan reunir dous artistas; a responsable da galería, Lucía C. Suárez, explícanos a idea detrás da proposta de ‘El cubo perfecto’.
    11 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00