Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 15-12-2023
    “Estamos acostumados a unha narrativa do amor romántico convencional pero a vida vai por outros lugares as relacións cambian, non se acaban simplemente”. Angel Filgueira, estrea no Festival Novos Cinemas de Pontevedra o seu filme 'Cando toco un animal'.
    15 min
  • Diario cultural 15-12-2023
    A exposición "Tesouros Reais-Obras Mestras do Museo de Terra Santa" poderá verse na Cidade da Cultura dende marzo do 2024. Falamos con Esperanza Gigirey Liste, comisaria e directora do Museo das Peregrinacións.
    Afonso Becerra trata a proposta teatralmente revolucionaria ‘Desde ese silencio’, de Avelina Pérez, unha das pouquísimas pezas de teatro pos-espectacular que, até o de agora, se teñen feito en Galicia.
    30 min
  • Diario cultural 15-12-2023
    O mércores 20 de decembro ten ugar a estrea oficial en salas da agardadísima terceira longametraxe de Lois Patiño: 'Samsara'.
    Eva Mejuto tráenos hoxe dúas óperas prima do cómic que pode desfrutar o público xuvenil (e non só): ‘Fago o que podo' e ‘Sentinelas da lúa carmesí’.
    30 min
  • Antropoloxía e medicina popular
    Conversamos co antropólogo Rafael Quintía Pereira sobre o seu libro A etnomedicina galega. Achegas dende a antropoloxía (Edicións Ab Origine). A obra percorre a clasificación de enfermidades e doenzas que fai a nosa medicina popular, os seus especialistas, os métodos de prevención e os recursos curativos, e fai fincapé no poder da palabra e no poder da relixiosidade neste sistema tradicional de saúde.
    19 min
  • Ataque Escampe, Candela Liste e Sidonie
    Tito Lesende tráenos hoxe música de Ataque Escampe, que comezan este 15 de decembro a súa ‘Xira dos Cabaliños’, na que seguirán presentando en directo o seu disco deste ano, ‘Cabalgata’. Escoitamos a Candela Liste, música coruñesa á que coñecimos a través da banda Crimson & Clover e que agora empeza a publicar cancións co seu proxecto en solitario. A terceira canción da escolma é de Sidonie, que este venres actúan na Sala Capitol de Santiago.
    10 min
  • Diario cultural 14-12-2023

    “Intento facer un teatro popular de corte político que provoque pensamento”. A montaxe 'Iribarne' abre o Foco Carrodeguas que presenta en Compostela as tres novas obras da compañía ButacaZero . Falamos con Esther Carrodeguas.
    15 min
  • Diario cultural 14-12-2023
    A Escola de Canteiros de Poio organiza as xornadas culturais "Falando Arxina". Falamos con Lucía Espiño, coordinadora da Escola de Cantería, e co artista Manolo Paz.
    Moncho Lemos vén con dúas estreas: 'La sociedad de la nieve', de Juan Antonio Bayona, e 'La espera', de Francisco Javier Gutiérrez.
    30 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00