Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 19-12-2023
    Dolores Vilavedra tráenos a obra gañadora do Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2022: ‘Pronto hei de volver’, escrita por Amador Castro Moure para Xerais.
    Chegan ás librarías os primeiros títulos arredor da autora das Letras de 2024. Preséntase Luísa Villalta, alma de violino, un álbum ilustrado sobre a escritora a través das palabras que a definen. Conversamos con Beatriz Maceda, Eli Ríos e Laura Suárez.
    30 min
  • Diario cultural 19-12-2023
    “A forza económica do turismo é tan brutal que se volve incontenible, hai que manexala e manexala require coraxe e decisións importantes”. Fernando Agrasar é o comisario da mostra “HERITAGERS” sobre o efecto do turismo no patrimonio que se pode ver no Colexio Oficial de Arquitectos na Coruña
    15 min
  • Arredor de Luísa Villalta
    Preséntase Luísa Villalta, alma de violino, un álbum ilustrado sobre a escritora a través das palabras que a definen. Conversamos con Beatriz Maceda, Eli Ríos e Laura Suárez.
    10 min
  • O 'Sete' de Susana Seivane
    En ‘Sete’, o seu sétimo traballo, Susana Seivane adéntrase coa gaita nos territorios do rock, do jazz, o funk ou mesmo os sons electrónicos. A gaiteira explora en formato disco os sons que leva aos escenarios coa súa banda desde hai anos. O álbum comeza coa peza ‘Non é non’, un alegato contra a violencia de xénero con palabras de Rosalía de Castro que reclama a liberdade persoal e creativa para as mulleres. ‘Sete’ preséntase en directo o 22 de decembro no Teatro Colón da Coruña.
    21 min
  • Diario cultural 18-12-2023
    Preséntase 'Luísa Villalta, alma de violino', un álbum ilustrado sobre a escritora a través das palabras que a definen. Conversamos con Beatriz Maceda, Eli Ríos e Laura Suárez.
    15 min
  • Diario cultural 18-12-2023
    A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional cumpre 20 anos! Falamos con Zeltia Labraña González, unha das integrantes da asociación.
    Emilio Españadero tráenos varias panxoliñas para este Nadal: ‘Diante da Porta’, de Fuxan os Ventos; ‘De vila en vila’, dos Chavellos; ‘Nadal de Áurea’, de Leni Pérez e Roberto Comesaña; e ‘Aninovo de 1860’, de Ailá.
    30 min
  • Galicia en xogo Motor 16-12-2023
    A dúas semanas de que arrinque unha nova edición do rally Dakar, o vigués Ricardo Ramilio avánzanos o seu proxecto para volver competir no deserto de Arabia. No motociclismo, charlamos con Alberto Fernández Boo, que xa ten fixada unha carreira para 2024, superando os obstáculos que lle pon a súa enfermidade e tamén os da burocracia.
    30 min
  • Dous cómics para público xuvenil (e non só)
    Eva Mejuto tráenos hoxe dúas óperas prima do cómic que pode desfrutar o público xuvenil (e non só). ‘Fago o que podo’ (Rodolfo e Priscila) é o primeiro libro da tamén poeta Afra Torrado. Unha compilación de historietas da autora que aborda desde a autoficción temas como a precariedade laboral, a saúde mental, o corpo, o síndrome da impostora, con ironía e humor. Na nova colección da editorial Galaxia para público infantil e xuvenil atopamos ‘Sentinelas da lúa carmesí’, con textos de Andrés Castro e Ozo Perozo e debuxos de Alexandre Senande. É o primeiro capítulo dunha historia de aventuras e mundos máxicos protagonizada por unha adolescente.
    13 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00