Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 13-12-2023
    O Centro Sociocultural do Ensanche de Santiago de Compostela acolle unha exposición que repasa a historia dos 40 anos do Carrabuxo e de Xosé Lois González Vázquez.
    Luís Miguel Crespo repasa o programa 'Exsultate jubilate' da Real Filharmonía, no que aparecen as obras de Manuel Balboa ou do arxentino Osvaldo Golijov sobre o poema de Rosalía de Castro.
    30 min
  • Diario cultural 13-12-2023
    Coñecemos a realidade de Palestina a través da súa literatura traducida ao galego. Rocío Viéitez Ferro preséntanos O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa, publicado este outono por Laiovento dentro da súa colección Candemaia. Participa tamén na conversa Moncho Iglesias, tradutor á nosa lingua da poesía de Mahmoud Darwish (Carné de identidade, en Barbantesa) e das novelas Un mapa do lar, de Randa Jarrar (Hugin e Munin) e Esfumado: a misteriosa desaparición de Mostafa Ouda, de Ahmed Masoud (Urutau), que nos regala en directo a versión en galego dun poema de Mosab Abu Toha.
    30 min
  • Literatura palestina en galego
    Rocío Viéitez Ferro preséntanos O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa, publicado este outono por Laiovento dentro da súa colección Candemaia. Participa tamén na conversa Moncho Iglesias, tradutor á nosa lingua da poesía de Mahmoud Darwish (Carné de identidade, en Barbantesa) e das novelas Un mapa do lar, de Randa Jarrar (Hugin e Munin) e Esfumado: a misteriosa desaparición de Mostafa Ouda, de Ahmed Masoud (Urutau), que nos regala en directo a versión en galego dun poema de Mosab Abu Toha.
    29 min
  • Diario cultural 13-12-2023
    “Pensamos que o nadal pode ser unha boa época” O FETEGA cambia de datas. Comeza no Carballiño o Festival de Teatro Galego que celebra a súa 34ª edición. Falamos co director, Carlos Ledo.
    15 min
  • 30 anos do Coro da Ra
    O Coro da Ra celebrará o seu 30 aniversario cun concerto no Auditorio de Galicia de Santiago o vindeiro 17 de decembro. Cóntanos os detalles o director do Coro da Ra, Ramón Bermejo.
    19 min
  • 'Carta Branca' en Galería Nordés
    A mostra inaugura o ciclo ‘Carta Blanca’ no que os artistas presentarán un proxecto con total liberdade creativa no que deben acompañalos outros dous creadores. Nesta ocasión é Julia Huete quen escolleu a Ánxel Huete e Kiko Pérez para ‘Autorretrato como gesto entre los dos’.
    12 min
  • Diario cultural 12-12-2023
    “Os festivais promoven a interacción e esa formación comunitaria, comunal que tanto precisamos”. Comeza en Pontevedra a oitava edición do festival Novos Cinemas. Falamos co director, Suso Novás.
    15 min
  • Diario cultural 12-12-2023
    Conversamos con Carlos Martínez-Peñalver sobre a súa primeira longametraxe, unha ficción con aires documentais rodada na Serra da Estrela, en Portugal. Xoel vai ás montañas para gravar os sons da natureza, alí atopará un modo de vida en transformación e un contorno natural ameazado por unha turistización mal entendida. À procura da estrela’ é a película de apertura’ do festival Novos Cinemas de Pontevedra.
    Con Mónica Maneiro viaxamos ata a Galería Nordés en A Coruña coas protagonistas da primeira edición do ciclo 'Carta Branca': Julia Huete, Kiko Pérez e Ánxel Huete.
    30 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00