Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Música a través da Banda de Guláns
    A banda de música Unión de Guláns, con escola de música propia desde hai máis de 100 anos, naceu en 1870 en Guláns, unha aldea de Ponteareas da man de José Carracedo Domínguez, fundador e primeiro director. É unha das formacións máis antigas de Galicia. Vituco pasouse por Gulán para falar de música, da banda e do premio con Rosario con Alicia Porto, directora da escola e da banda e con Noelia Lorenzo presidenta da banda.
    18 min
  • Libros do Hematocrítico para escachar coa risa
    Eva Mejuto homenaxea a Miguel López, Hematocrítico, recordando os sinais de identidade dos seus libros infantís: o humor e a sorpresa, a apelación á intelixencia da rapazada desde o humor e o afecto, a irreverencia, a falta de condescendencia… Como mostra, catro libros publicados en 2023: ‘Unha unicornia’, ‘Morto de fame’ e ‘Dona Problemas’ (Xerais) e mais ‘Vai polo pan’ (Cumio), unha obra do canadense Jean Baptiste Drouot que Hematocrítico traduciu ao galego.
    12 min
  • Diario cultural 08-12-2023
    A banda de música Unión de Guláns, con escola de música propia desde hai máis de 100 anos, naceu en 1870 en Guláns, unha aldea de Ponteareas da man de José Carracedo Domínguez, fundador e primeiro director. É unha das formacións máis antigas de Galicia. Vituco pasouse por Gulán para falar de música, da banda e do premio con Rosario con Alicia Porto, directora da escola e da banda e con Noelia Lorenzo presidenta da banda.
    Afonso Becerra explícanos as creacións do grego Dimitris Papaioannou, que estivo no Rivoli do Teatro Municipal do Porto con INK, un poema escénico de aspecto tenebroso.
    30 min
  • Diario cultural 08-12-2023
    Sound Troop é unha empresa adicada á mestura sonora para cine. Especializados en "Foley on location", proporcionan realidade sonora mediante acústicas naturais e multi microfonía aplicada en tempo real, para acadar o son narrativo de películas e series de televisíon e esa ambientación sonora que tanto evoca, e axuda, a contar as historas nas nosas pantallas. Involucrados en multitude de produccións galegas, estatais e tamén internacionais traballan en proxectos de Estados Unidos, Noruega, Dinamarca, Francia, Suiza, Italia, Reino Unido etc. Nós achegámonos ata a súa sede en Compostela onde nos contaron moitas cousas sobre o seu traballo, e como é o día a día dentro dos seus estudios. Alí falamos con Miguel Barbosa un dos “Foley Artist” máis activos e importantes de España, e con Diego Staub, mesturador e editor Foley.
    Eva Mejuto homenaxea a Miguel López, Hematocrítico, recordando os sinais de identidade dos seus libros infantís: o humor e a sorpresa, a apelación á intelixencia da rapazada desde o humor e o afecto, a irreverencia, a falta de condescendencia… Como mostra, catro libros publicados en 2023: ‘Unha unicornia’, ‘Morto de fame’ e ‘Dona Problemas’ (Xerais) e mais ‘Vai polo pan’ (Cumio), unha obra do canadense Jean Baptiste Drouot que Hematocrítico traduciu ao galego.
    30 min
  • Diario cultural 08-12-2023
    “O concepto de Ilustración abrangue todas as facetas da vida non só a arquitectónicaou urbanística, na alimentación hai uns grandes cambios, por exemplo”. Falamos do Ferrol da Ilustración coa historiadora Manuela Santalla López autora de "Fariñas e muíños en Ferrolterra durante a Ilustración".
    43 min
  • De Guadi Galego a Sempasúchil
    Tito Lesende escolleu música balsámica para esta ponte. ‘Mar’, unha das últimas cancións de Guadi Galego, que acaba de anunciar concertos especiais para 2024, baixo o título ‘Síntese Horizonte’. Tamén escoitamos a Guadi Galego en ‘Luz do norte’, a máis recente creación de Nastasia Zürcher. Presentamos un novo grupo, Sempasúchil, que estrea o 2 de decembro o seu primeiro disco: jazz e pop delicado a cargo de Antonio Casado, Ton Risco, Miguel Cabana e Alfonso Calvo. Poñemos o ramo cunha panxoliña rockeira que asina Bon Jovi.
    14 min
  • Diario cultural 07-12-2023
    A Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro interpretan estes días o Mesías de Haendel no Pazo da Ópera da Coruña. Falamos con Carlos Mena e Jone Martínez. Na sección de voces expertas, Moncho Lemos trae dúas estreas: 'Robot Dreams', de Pablo Berger, e 'Anatomía dunha caída', de Justine Triet.
    30 min
  • Diario cultural 07-12-2023
    O Consello da Cultura Galega acaba de facer dispoñible en Internet parte do Fondo Miguel Gutiérrez, que recolle propaganda e publicidade política desde os anos finais do franquismo ata a década dos 2000. Entre os documentos xa accesibles están o cartel de Isaac Díaz Pardo para a manifestación polo Estatuto de Autonomía en 1979, homenaxes aos últimos fusilados do franquismo ou exemplos de convocatorias feministas, ecoloxistas, sindicais e veciñais. Exploramos o Fondo Miguel Gutiérrez con Emilio Grandío, coordinador do grupo HISPONA da USC, que lidera a súa catalogación.
    Tito Lesende escolleu música balsámica para esta ponte. ‘Mar’, unha das últimas cancións de Guadi Galego, que acaba de anunciar concertos especiais para 2024, baixo o título ‘Síntese Horizonte’. Tamén escoitamos a Guadi Galego en ‘Luz do norte’, a máis recente creación de Nastasia Zürcher. Presentamos un novo grupo, Sempasúchil, que estrea o 2 de decembro o seu primeiro disco: jazz e pop delicado a cargo de Antonio Casado, Ton Risco, Miguel Cabana e Alfonso Calvo. Poñemos o ramo cunha panxoliña rockeira que asina Bon Jovi.
    30 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00