Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • No foco de Mary Quintero
    Mary Quintero (Melide, 1931) é unha das profesionais máis relevantes da fotografía de estudo e a máis prestixiosa retratista galega da época. Comezou o seu camiño no mundo da fotografía nos estudos que rexentaron os seus pais en Melide e Lugo, onde descubriu a súa vocación polo oficio. Agora unha exposición baixo o título de "A imaxinación no interior dun estudo" mostra parte do seu traballo no Museo do Mar de Galicia en Vigo. Alí mantivo esta charla coa fotógrafa o noso compañeiro Vituco Neira.
    19 min
  • Diario cultural 06-12-2023

    Luz Castro tráenos o máis destacado dos traballos presentados na última edición do certame Xuventude Crea.
    30 min
  • A Foliada da Fonsagrada e a conservación da tradición
    A Asociación Cultural Petapouco e a Destempo está formada por un grupo de rapaces e rapazas que busca achegar a cultura, sobre todo aquela propia das Terras de Burón (A Fonsagrada), aos máis novos e poñelos en contacto, á súa vez, con grandes mestres e mestras aínda vivas que promovan a conservación da propia tradición oral e musical.
    14 min
  • Teatro para poñerse na pel das persoas refuxiadas
    ‘Vía Morta’ é un espectáculo teatral inmersivo que sitúa o público nun campo de persoas refuxiadas. A montaxe parte dun texto do escritor e actor Carlos Olalla, inspirado polas visitas a campos de refuxiados do colectivo Pallasos en Rebeldía. Dirixe o espectáculo Eva Egido e forman o elenco Iván Prado, Anabell Gago, Fran Rei e Rocío Salgado. ‘Vía Morta’ estréase o domingo 10 de decembro no auditorio Constante Liste do concello coruñés de Teo.
    19 min
  • Diario cultural 05-12-2023

    Mónica Maneiro comenta as obras galardoadas na décimo terceira edición do premio Auditorio de Galicia para artistas noveis. As 33 obras seleccionadas poden verse na exposición aberta no auditorio compostelán ata finais de febreiro. Conversamos con Sergio Morey, que gañou o primeiro premio coa obra ‘Cruceiro a Santa Librada e demais mártires disidentes’, unha peza que fala sobre a violencia contra o colectivo LGBTIQA+.
    30 min
  • Diario cultural 05-12-2023
    “Hai unha estrutura de Federación que cremos que non responde á realidade e á sociedade actual. É lóxico que se necesite un cambio, son uns estatutos que xa teñen 40 anos”. A Federación de Librarías de Galicia renova directiva. O novo equipo está presidido por Cielo Fernández.
    15 min
  • Diario cultural 05-12-2023
    A Asociación Cultural Petapouco e a Destempo está formada por un grupo de rapaces e rapazas que busca achegar a cultura, sobre todo aquela propia das Terras de Burón (A Fonsagrada), aos máis novos e poñelos en contacto, á súa vez, con grandes mestres e mestras aínda vivas que promovan a conservación da propia tradición oral e musical.
    Dolores Vilavedra fálanos do libro 'O Doutor Glas', do autor sueco Hjalmar Söderberg, traducido ó galego por Irmás Cartone.
    31 min
  • As cores do cosmos
    Neste ‘cosmic latte’ con Estíbaliz Espinosa falamos da paleta cromática do cosmos e da evolución biolóxica do xénero homo. Escoitamos versos de Virginia Aguilar Bautista e música de Fanny & Alexander.
    11 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00