O Fanzine Fest leva música electrónica de vangarda e artes visuais a diferentes espazos da Coruña durante esta semana. Do Planetario á fundación Luís Seoane, da Domus á sala O Túnel. Conversamos con Pablo Cubeiro, un dos directores do Fanzine Fest, e con Óscar Domínguez, membro do colectivo MOM, un grupo artístico coruñés que propón este mércores unha instalación sensorial interactiva na igrexa das Capuchiñas.
Neste ‘cosmic latte’ con Estíbaliz Espinosa falamos da paleta cromática do cosmos e da evolución biolóxica do xénero homo. Escoitamos versos de Virginia Aguilar Bautista e música de Fanny & Alexander.