Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 28-11-2023
    “O artista é unha ferramenta da súa sociedade” afirmaba Leopoldo Nóvoa. O Museo Provincial de Lugo acolle a mostra retrospectiva “Leopoldo Nóvoa. O silencio da pintura”.
    15 min
  • Diario cultural 28-11-2023
    Deixounos ós 47 anos Miguel López, escritor de libros infantís, profesor e tuiteiro baixo o alcume de ‘O Hematocrítico’. Repasamos a súa figura con Fran Alonso, director de Xerais; Pablo Cruz, o seu editor de Anaya; e Javier Pedreira, creador de Microsiervos.
    Con Dolores Vilavedra lembramos a figura d’O Hematocrítico e falamos de teatro: ‘Síbaris’, obra póstuma de Domingo Villar para Galaxia.
    31 min
  • O Hematocrítico: un repaso da súa figura
    Deixounos ós 47 anos Miguel López, escritor de libros infantís, profesor e tuiteiro baixo o alcume de ‘O Hematocrítico’. Repasamos a súa figura con Fran Alonso, director de Xerais; Pablo Cruz, o seu editor de Anaya; e Javier Pedreira, creador de Microsiervos.
    20 min
  • As novidades de Barahúnda, Ailá e Leilía
    Emilio Españadero tráenos as novidades de varios grupos: Barahúnda e o seu novo disco 'Fremosas'; Ailá, cos seus traballos 'Sansolimón' e 'Ailá de Nadal'; e Leilía e a súa despedida dos escenarios con "Anque me vou non me vou".
    15 min
  • A teoría e a práctica musical de Zavala
    Zavala presentan o seu primeiro disco, ‘Pequeno manual para grandes cambios I (teoría e práctica)’, publicado por Ferror Records. Un traballo que combina os sons acústicos cos sintéticos e algún pouso da música tradicional, con letras que respiran melancolía urbana. Falamos con Carla Romalde e Víctor Ledo, dous dos integrantes deste quinteto, que presenta en directo o seu debut o 5 de xaneiro na sala Ruído de Ferrol.
    19 min
  • Diario cultural 27-11-2023

    Con Mario César Vila abordamos a relación que existe entre o conflito bélico e a arqueoloxía.
    30 min
  • Diario cultural 27-11-2023
    “É volver encontrarme co que me importa. Este traballo rompeu inercias”. Avelina Pérez estrea “Desde ese silencio”, unha peza para dez persoas que explora a intimidade no espazo escénico
    15 min
  • Diario cultural 27-11-2023
    Unha exposición arredor da figura de Olga Gallego. Foi a primeira muller que entrou na Real Academia Galega como numeraria e protagoniza unha exposición no Arquivo de Galicia do Gaiás.
    Emilio Españadero tráenos as novidades de varios grupos: Barahúnda e o seu novo disco 'Fremosas'; Ailá, cos seus traballos 'Sansolimón' e 'Ailá de Nadal'; e Leilía e a súa despedida dos escenarios con "Anque me vou non me vou".
    30 min
  • Galicia en Xogo Motor 25-11-2023
    O piloto de rallys Edgar Vigo é o protagonista da semana por partida dobre. O fenés fai balance do segundo posto no Campionato de Europa que conseguiu coa súa esposa Fátima Ameneiro como copiloto. A ledicia completouse porque foi quen organizar na súa vila un slalom scratch case vinte anos despois.
    30 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00