Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 12-12-2023
    O Coro da Ra celebrará o seu 30 aniversario cun concerto no Auditorio de Galicia de Santiago o vindeiro 17 de decembro. Cóntanos os detalles o director do grupo, Ramón Bermejo.
    Dolores Vilavedra tráenos a obra 'Retratos de vodas, partos e funerais', unha obra poética escrita por Silvia Penas e editada por Galaxia.
    30 min
  • O novo de Susana Seivane e Encrucillada
    Emilio Españadero aborda hoxe varias cuestións: ‘Sete’, o novo traballo discográfico de Susana Seivane, o último do grupo Encrucillada e a celebración do XVIII Festival Internacional Rebulir en Ramirás (Ourense).
    14 min
  • Diario cultural 11-12-2023
    “O desafío maior ao que me enfrontei foi a aparición das grandes palabras”. A escritora e editora Dores Tembrás presenta novo libro. 'Enxertos' esculca as pegadas, lembra as aprendizaxes primeiras.
    15 min
  • Ciencia e relixión en 'Eva e Lucy'
    Charlamos con Cris Pavón, autora de ‘Eva e Lucy’, unha historia na que ciencia e relixión se entrelazan para contar a relación entre unha filla e a súa nai, condicionada pola deterioración cognitiva desta última.
    15 min
  • Diario cultural 11-12-2023
    Charlamos con Cris Pavón, autora de ‘Eva e Lucy’, unha historia na que ciencia e relixión se entrelazan para contar a relación entre unha filla e a súa nai, condicionada pola deterioración cognitiva desta última.
    Emilio Españadero aborda hoxe varias cuestións: ‘Sete’, o novo traballo discográfico de Susana Seivane, o último do grupo Encrucillada e a celebración do XVIII Festival Internacional Rebulir en Ramirás (Ourense).
    30 min
  • Diario cultural 11-12-2023
    Bar Ban Sónicos fórmanse a principios do ano 2018 na Pobra do Caramiñal, con Manel Casal na voz e guitarra, Amroth Lopes no baixo e coros e Abél Cores na batería. O grupo percorre os carreiros de bandas como The Sonics e unha aposta polo garaxe e pola entrega de concertos enérxicos e contundentes con poucas concesións ao virtuosismo ou ao onanismo instrumental. Agora veñen de publicar o seu novo disco baixo o título de "Sede de ruína" e Vituco quedou con Manél, guitarrista e vocalista da grupo, nunha taberna da Pobra do Caramiñal para repasar a traxectoria do grupo e as cancións do novo traballo.
    Mario César Vila fálanos hoxe de olería e a cantería, dous oficios tradicionais que tamén se pode analizar desde a perspectiva arqueolóxica.
    30 min
  • Galicia en xogo Motor 09-12-2023
    Botamos a vista atrás para rescatar a conversa co ex copiloto coruñés Luis Moya en Ao contraaataque, polo 25º aniversario do famoso "Trata de arrancarlo, Carlos", e tamén a charla no Galicia en goles co novo presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño, para facer balance dos primeiros meses de mandato.
    30 min
  • Música a través da Banda de Guláns
    A banda de música Unión de Guláns, con escola de música propia desde hai máis de 100 anos, naceu en 1870 en Guláns, unha aldea de Ponteareas da man de José Carracedo Domínguez, fundador e primeiro director. É unha das formacións máis antigas de Galicia. Vituco pasouse por Gulán para falar de música, da banda e do premio con Rosario con Alicia Porto, directora da escola e da banda e con Noelia Lorenzo presidenta da banda.
    18 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00