Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 17-11-2023
    As mulleres usan e transmiten o galego un 4% menos cós homes, unha diferenza pequena pero significativa e á que ata o de agora non se lle prestara moita atención. O Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega publica 'Lingua e xénero en Galicia: un estado da cuestión', unha das primeiras aproximacións específicas á intersección entre o xénero e os usos e prácticas lingüísticas. Conversamos con María López-Sández e Gabino Vázquez-Grandío, autores deste estudo canda Xaquín Loredo.
    Eva Mejuto proponnos hoxe tres lecturas relacionadas con Federico García Lorca. Para os máis novos, o álbum ilustrado ‘Federico’, con texto de Jesús Castro Yáñez e ilustracións de Iván R, un conto no que o neno Federico espera a chegada dunha compañía de teatro á súa vila. ‘Medio pan e un libro’, editado por Kalandraka, recolle o discurso que publicou o poeta granadino na inauguración da biblioteca da súa vila natal, Fuentevaqueros, traducido por Henrique Alvarellos. Por último, Eva recoméndanos a edición crítica dos ‘Seis poemas galegos’ publicada na colección Batiscafo da editora Chan da Pólvora.
    30 min
  • Diario cultural 17-11-2023
    Edicións Xerais de Galicia publica un novo poemario de Lupe Gómez, que gañou o premio Manuel Lueiro Rey. Trátase de "Salón de Té". Isabel Freire conversou con ela.
    Afonso Becerra tráenos ‘Manuela is in da house’. Coa dirección de Fran Núñez, estreouse o pasado 10 de novembro no Teatro Sá de Miranda de Viana do Castelo (Portugal).
    30 min
  • Diario cultural 17-11-2023
    “Neste proceso atopeime a min e atopei a miña tía, a persoa detrás da poeta” Bruno Arias estrea en Cineuropa o filme Os espazos en branco un camiño pola memoria de Xela Arias.
    15 min
  • Diario cultural 17-11-2023
    As mulleres usan e transmiten o galego un 4% menos cós homes, unha diferenza pequena pero significativa e á que ata o de agora non se lle prestara moita atención. O Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega publica Lingua e xénero en Galicia: un estado da cuestión, unha das primeiras aproximacións específicas á intersección entre o xénero e os usos e prácticas lingüísticas. Conversamos con María López-Sández e Gabino Vázquez-Grandío, autores deste estudo canda Xaquín Loredo.
    Eva Mejuto proponnos hoxe tres lecturas relacionadas con Federico García Lorca. Para os máis novos, o álbum ilustrado ‘Federico’, con texto de Jesús Castro Yáñez e ilustracións de Iván R, un conto no que o neno Federico espera a chegada dunha compañía de teatro á súa vila. ‘Medio pan e un libro’, editado por Kalandraka, recolle o discurso que publicou o poeta granadino na inauguración da biblioteca da súa vila natal, Fuentevaqueros, traducido por Henrique Alvarellos. Por último, Eva recoméndanos a edición crítica dos ‘Seis poemas galegos’ publicada na colección Batiscafo da editora Chan da Pólvora.
    30 min
  • O último de Triángulo de Amor Bizarro ou Tanxugueiras
    Tito Lesende pica hoxe a nova canción de Triángulo de Amor Bizarro, a ‘autoversión’ “La carretera nocturna’ que nos presenta unha das integrantes do grupo, Isa Cea. Escoitamos tamén o último tema das Tanxugueiras, “As que teñen que estar”, unha colaboración co rapeiro Juancho Marqués. Descubrimos a Zuaraz, un grupo mexicano-galego-madrileño relacionado cos Blanco Palamera e poñemos o ramo con Green Day, que serán cabeza de cartel d´O Son do Camiño 2024.
    30 min
  • Diario cultural 16-11-2023
    Unha das chegadas a cines máis esperadas. 'O soño de sultanas', tras estrearse oficialmente en San Sebastián, chega á gran pantalla e Isabel Herguera e Paula Valiño veñen comentala.
    Moncho Lemos tráenos dúas estreas: ‘Que nadie duerma’, de Antonio Méndez Esparza; e ‘La ermita’, de Carlota Pereda.
    30 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00