Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 25-10-2023
    Na Fundación Laxeiro de Vigo inaugurouse a exposición “O que hai. Obxecto, materia e o cotián nos tempos da precariedade”. Alberto Santos é o comisario da mesma.
    15 min
  • Diario cultural 25-10-2023
    É a décimo sexta edición do certame anual organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, que reunirá máis de seiscentos músicos no Pazo da Cultura de Narón. Once bandas, dúas delas chegadas desde fóra de Galicia, competirán nas diferentes categorías. Conversamos con Iván Estévez, trompetista e presidente da Federación, e coa pianista e compositora María Mendoza, que dirixirá a Chikiband da Limia, unha das bandas participantes na sección infantil. A Agrupación Musical da Limia, que competirá na sección segunda, interpretará no seu programa un pasodobre composto por María Mendoza.
    Óscar Losada tráenos as actuacións do día no Womex.
    30 min
  • Diario cultural 25-10-2023
    O guionista Óscar Cruz pasouse a falar da serie en galego 'A arte de ser un mal pai', que pode verse en Filmin grazas á selección oficial no Festival Serielizados de Barcelona e Madrid.
    A nosa experta en videoxogos, Luz Castro, tráenos dous produtos da empresa Fictiorama: The Fabulous Fear Machine e Do Not Feed the Monkeys.
    30 min
  • Semana de Cine Euroárabe AMAL 2023
    Este luns arrancou a Semana de Cine Euroárabe Amal 2023 co foco no conflito entre Israel e Hamás. Desenvolverase no Teatro Principal de Compostela. Charlamos das súas claves co seu director, Ghaleb Jaber.
    17 min
  • 'Ante a inminencia' de Rubén Santiago
    Auga e moedas do alxibe do castelo de San Antón. Son parte dos materiais que Rubén Santiago emprega na mostra 'Ante a inminencia', que pode visitarse na 'Normal' da Coruña, e da que falamos con Mónica Maneiro.
    6 min
  • Diario cultural 24-10-2023
    Xosé Manuel Soutullo é o novo director xeral da Editorial Galaxia. Traballou na editora máis de 40 anos e asume a nova responsabilidade mirando cara ao 75 aniversario, en 2025. Con el charlamos sobre a súa traxectoria e os obxectivos da editorial.
    Auga e moedas do alxibe do castelo de San Antón. Son parte dos materiais que Rubén Santiago emprega na mostra 'Ante a inminencia', que pode visitarse na 'Normal' da Coruña, e da que falamos con Mónica Maneiro.
    30 min
  • Os novos retos de Galaxia
    Xosé Manuel Soutullo é o novo director xeral da Editorial Galaxia. Traballou na editora máis de 40 anos e asume a nova responsabilidade mirando cara ao 75 aniversario, en 2025. Con el charlamos sobre a súa traxectoria e os obxectivos da editorial.
    13 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00