Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 24-10-2023
    Última oportunidade para asistir ó V Festival Ateneo Barroco, que remata co concerto 'Biber, as Sonatas do Rosario', interpretado por Lina Tur Bonet e o seu conxunto Música Alchemica. José Víctor Carou é o director artístico do festival.
    15 min
  • Diario cultural 24-10-2023
    Este luns arrancou a Semana de Cine Euroárabe Amal 2023 co foco no conflito entre Israel e Hamás. Desenvolverase no Teatro Principal de Compostela. Charlamos das súas claves co seu director, Ghaleb Jaber.
    Con Dolores Vilavedra falamos do libro 'Hotel Carioca', de Antón Riveiro Coello. Galardonado co I Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2022, foi editado por Galaxia.
    30 min
  • Poesía galega en Xúpiter
    Con Estíbaliz Espinosa miramos cara ás Oriónidas (se as nubes nos deixan) e escoitamos o poema de Ada Limón que a sonda Europa da NASA levará a unha das lúas de Xúpiter.
    11 min
  • Diario cultural 23-10-2023
    A mostra 'Un rastro de furia e algas' agrupa a artistas 'millenial' de Galicia e do norte de Portugal para explorar como a "ansiedade climática" está a calar nas súas investigacións.
    14 min
  • Diario cultural 23-10-2023
    Slams, micros abertos, impro... Santiago acolle o festival de poesía nova 'Luz Póetica', do que falamos con Yamini Prabhu Barretto e con Lúa Mosquetera.
    Con Estíbaliz Espinosa miramos cara ás Oriónidas (se as nubes nos deixan) e escoitamos o poema de Ada Limón que a sonda Europa da NASA levará a unha das lúas de Xúpiter.
    30 min
  • Diario cultural 23-10-2023
    Nunha histórica xuntanza celebrada o 12 de outubro de 1923 en Ortoño acordouse a creación do Seminario de Estudos Galegos no que axiña se integraron moitos dos intelectuais galeguistas que se movían arredor da revista Nós. Agora, entre os actos da celeración do centenario, unha exposición achéganos unha perspectiva diferente daquela institución cultural.
    Emilio Españadero fálanos da visita de Yoko Takano a Vigo e preséntanos 'Bolboreta', novo tema do grupo As Lembranzas; e
    'Sorrisos no ceo', último traballo discográfico de Airiños da Peneda.
    31 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00