Andrea Jamardo tráenos a novela ‘A historia de Brava Panadeira’, en SOPA DE LIBROS. Recomendada dos 10 anos en diante. De Alicia Borrás con ilustracións de Blanca Vila.
Tamén un álbum ilustrado, ‘O Pirata Bruno’, de Olaia Sendón en Cuarto de Inverno. Para primeiros lectores
E, ademais, un clásico adaptado para a cativada: ‘Aventuras de Alicia no País das Marabillas’. Traducida ao galego por Xabier Queipo con ilustracións de Fausto Isorna para El Patito Editorial