Presentamos diversas propostas culturais que ven a luz estes días. María Bañobre e Santiago Cortegoso fálannos de "Bio Construcción", a última creación da súa compañía, Ibuprofeno Teatro. Tamén estrea espectáculo Laboratorio Escénico. Chámase "Monte" e a el nos convida unha das compoñentes desta cooperativa de danza, Alba Fernández. Do novo disco de Treixadura, "Portalén", conversamos con Toniño López. Ademais, Begoña Vázquez cçóntanos que podemos agardar da entrega dos premios Goya e Belén Regueira proponnos a lectura de "Crónicas Trasatlánticas", de Bieito Alonso.