Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 12-10-2023
    Levar na carteira do cole un dicionario é seguramente un costume que foi desaparecendo. As enciclopedias e os dicionarios foron os primeiros en sucumbir diante das facilidades que ofrece o mundo virtual. No ano 2020 Rinoceronte Editora emprendeu o camiño dos dicionarios en rede e agora amplía a súa oferta. Unha nova que nos achega Isabel Freire da man do editor Moisés Barcia.
    O punto musical vén con Tito Lesende, que nos amosa o último de varias bandas: Loiros, Allah-Las, Occie Elliot e Os ilegales.
    30 min
  • Diario cultural 12-10-2023
    A editorial Xerais completa a edición da obra poética de Rosalia de Castro co volume La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións. Un proxecto con edicion critica de Anxo Angueira. Con el charlamos.
    Sentados na butaca escoitamos a Begoña Vázquez, que nos presenta as principais estreas da semana: 'O Corno', de Jaione Camborda; 'Me he hecho viral', de Jorge Coira; e 'Al otro lado del río y entre los árboles', de Paula Ortiz.
    30 min
  • FICBUEU: Os guionistas van a Ons
    Nesta primeira Residencia FICBUEU, que terá lugar do 9 ao 15 de outubro en Ons, son catro os proxectos seleccionados de entre os 122 que se recibiron dende todo o territorio español, un tercio deles dende Galicia. A titora será Isabel Peña (Zaragoza, 1983), guionista de películas coma As bestas ou El reino –coas que gañou sendos Goyas–, Stockholm, ou Que Dios nos perdone y de series coma Antidisturbios. Charlamos un ratiño con ela.
    17 min
  • O equipo do Corno
    O galadornado filme de Jaione Camborda 'O Corno' chega ós cines este mércores 11 de outubro. Que mellor momento para que parte do seu equipo nos fale das claves do seu éxito. Melania Freire é a directora de arte, Uxía Vaello forma parte do equipo de vestiario e Julia Gómez e María Lado constitúen algunha das pezas do reparto da película.
    28 min
  • Diario cultural 11-10-2023

    16 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00