Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 06-10-2023
    Un paseo por máis de 400 anos para a reflexión.Niso consiste a obra 'Deiche os ollos e miraches as tebras' que Irene Solà vén presentar ó Diario Cultural. Acompáñanos tamén a súa tradutora ó galego, María Alonso, da man de Kalandraka.
    Abrése ademais o telón para que Afonso Becerra nos fale de 'Roméo et Juliette', adaptación da obra de William Shakespeare no marco da 71ª Temporada Lírica de Amigos da Ópera da Coruña.
    30 min
  • Diario cultural 06-10-2023
    A nova edicion do Festival Internacional Galicreques en Compostela promete unha programación familiar e para adultos que mestura bonecos, máscaras e performance para todo tipo de historias. Charlamos deste evento con Rafael Rey Domech, fillo do director Javier Rey e cabeza da compañía Nauta.
    Pola súa parte, Eva Mejuto vén falarnos de literatura tanto xuvenil como para adultos: 'Tempo de lagartos', poesía de Carlos Negro e ilustracións de Raquel Senra (Galaxia); e 'Furia', de María Reimóndez, premio Jules Verne (Xerais).
    30 min
  • Tralas pegadas de Prisciliano
    O documental “O Camiño de Ramón Chao” preséntase estes días no Ourense Film Festival. Aborda a traxectoria do xornalista e escritor Ramón Chao e o seu intese pola figura histórica de Prisciliano. Charlamos del co seu director, Aser Álvarez.
    15 min
  • O novo director da Sinfónica
    Comeza a nova tempada da Orquesta Sinfónica de Galicia e quen mellor para falarnos dela que o seu novo director titular. É Roberto González-Monjas, director e violinista vallisoletano de 35 anos que quere converter os concertos en "experiencias".
    17 min
  • O novo de Xoel López
    toque musical vén da man do noso experto Tito Lesende, co que charlamos de 'Caldo Espírito', o novo disco de Xoel López. Escoitamos tamén a nova canción de Dani Dicostas
    e avanzamos o concerto de Casa de Calexico en Vigo o 11 de outubro.
    12 min
  • Diario cultural 05-10-2023
    O documental “O Camiño de Ramón Chao” preséntase estes días no Ourense Film Festival. Aborda a traxectoria do xornalista e escritor Ramón Chao e o seu intese pola figura histórica de Prisciliano. Charlamos del co seu director, Aser Álvarez.
    Repasando a carteleira, Begoña Vázquez tráenos 'Chinas', de Arantxa Echevarría; 'O exorcista: crente', de David Gordon; e Dispararon ó pianista", de Fernando Trueba e Javier Mariscal.
    29 min
  • Diario cultural 05-10-2023
    Comeza a nova tempada da Orquesta Sinfónica de Galicia e quen mellor para falarnos dela que o seu novo director titular. É Roberto González-Monjas, director e violinista vallisoletano de 35 anos que quere converter os concertos en "experiencias".
    O outro toque musical vén da man do noso experto Tito Lesende, co que charlamos de 'Caldo Espírito', o novo disco de Xoel López. Escoitamos tamén a nova canción de Dani Dicostas
    e avanzamos o concerto de Casa de Calexico en Vigo o 11 de outubro.
    30 min
  • Diario cultural 05-10-2023
    'Corentena' sae de xira. David Perdomo e Xose Antonio Touriñán reúnen as historias e personaxes que naceron dos seus perfís de Instagram no confinamento.
    Pepe Barro fálanos da exposición 'Cociña de Barro: os cadernos de deseño', unha viaxe de 50 años no deseño.
    15 min
  • 'Migracións' da Real Filharmonía
    O noso experto Luís Miguel Crespo fálanos das claves da nova tempada da Real Filharmonía. Chámase 'Migracións' e será a primeira deseñada polo director titular e artístico Baldur Brönnimann.
    10 min
  • 'Iphinexia' e os recortes sociais
    'Iphixenia na porta do súper' é a versión galega dun texto teatral que aborda os recortes sociais a través do monólogo dunha moza de barrio. Conversamos coa actriz Alba Caneda e coa directora Sara Rey. Estrean este 4 de outubro en Tui e o 22 de outubro no Fiot de Carballo.
    19 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00