Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 29-09-2023
    O Centro Galego de Arte Contemporánea convídanos a celebrar os seus primeiros trinta anos de vida en Compostela. E faino con dúas exposicións e diversas actuacións que inclúen un espectáculo de danza vertical. Charlamos do seu aniversario co seu director, Santiago Olmo, e co artista Antón Pulido.
    O movemento rápido dun remuíño de auga ou de aire, un vórtice, dá nome a unha nova compañía de teatro: Vórtice Escénico, que se estreou con ‘ASFIXIA’ de José Luis Baños de Cos. É o que nos trae Afonso Becerra nas artes escénicas.
    30 min
  • Diario cultural 29-09-2023
    Santiago de Compostela é quizais a cidade europea con maior densidade de gárgolas, esas máscaras pétreas —enigmáticas, divertidas, transgresoras— que nos contemplan desde o alto a partir da Idade Media. Hai máis de 300, e nesta pioneira guía trilingüe (galego, castelán e inglés) selecciónanse 30 das máis singulares, nunha ollada nova e moi sorprendente da nosa capital. Publicada conxuntamente polo Consorcio de Saniago de Compostela e a Editorial Alvarellos, a guía conta coas fotografías de Xaime Cortizo. Nós quedamos con Benxamín Vázquez, autor da guía, xornalista xubilado e escritor, polas rúas de Compostela para falarnos das 'Gárgolas de Compostela', a súa guía para coñecelas.
    A nosa experta en literatura, Eva Mejuto, preséntanos dúas obras: 'Os camiños de Dorothé', libro-disco inspirado nas recollidas de Dorothé Schubarth; e 'Pícache a curiosidade?', álbum asinado por Maria Canosa e Ro Ledesma.
    30 min
  • Mondra métenos no seu 'Ardén'
    É un dos artistas galegos con maior proxección e máis destacados do ano. Mondra visita o estudo do Diario Cultural para falarnos do seu novo disco: 'Ardén'. Nel incorpora ás voces dalgunhas das artistas máis salientables do panorama galego.
    18 min
  • Música en feminino con Tito Lesende
    Música en feminino tráenos Tito Lesende, co que escoitamos un petisco de 'O.D.A.', a canción que Guadi Galego estrea este venres. Tamén hai tempo para ó EP de Pamela Rodríguez 'Meigas' e avanzar as datas de Luz Casal en Vigo.
    10 min
  • Diario cultural 28-09-2023
    É un dos artistas galegos con maior proxección e máis destacados do ano. Mondra visita o estudo do Diario Cultural para falarnos do seu novo disco: 'Ardén'. Nel incorpora ás voces dalgunhas das artistas máis salientables do panorama galego.
    Tempo para o cine: o noso experto Moncho Lemos tráenos dous filmes dirixidos por dous emblemas da arte cinematográfica. Víctor Erice estrea 'Cerrar los ojos' e Woody Allen 'Golpe de Suerte'.
    30 min
  • Diario cultural 28-09-2023
    Lois Blanco dirixe a seu pai, Carlos Blanco, e a Belen Constenla na adaptación de 'Sibarís', obra teatral póstuma de Domingo Villar publicada por Editorial Galaxia. Con todos eles charlamos.
    Música en feminino tráenos Tito Lesende, co que escoitamos un petisco de 'O.D.A.', a canción que Guadi Galego estrea este venres. Tamén hai tempo para ó EP de Pamela Rodríguez 'Meigas' e avanzar as datas de Luz Casal en Vigo.
    30 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00