Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 26-09-2023
    Na Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia celébrase o XX Simposio O Libro e Lectura, no que o sector editorial galego valorará os 40 anos da súa asociación. Un simposio no que estarán presentes os nosos dous convidados: Manuel Bragado, que participa co relatorio 'As cifras da edición en Galicia'; e Henrique Alvarellos, presidente da Asociación Galega de Editoras.
    No eido da arte, Mónica Maneiro trae a María Marco, comisaria da mostra 'Os sobrantes', obra de Rosalía Batet que se expón en Pontevedra estes días.
    30 min
  • Diario cultural 26-09-2023
    Quico Cadaval conmemora as súas tres décadas de actividades na narración oral. O Teatro Principal de Santiago acolle esta función na que, para alén do repertorio do narrador, haberá unha importante dose de improvisación, xa que o público poderá deixar preguntas na entrada ao teatro ás que Cadaval responderá durante a súa actuación. Co protagonista falamos no programa.
    A experta en literatura Dolores Vilavedra vén falar de 'A Transición en Galiza', un volume no que se presentan, en síntese, catorce investigacións para comprender o país da época.
    30 min
  • 'Arquitectura e xénero'
    A arquitecta María Novas foi premiada na Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo pola súa obra "Arquitectura e xénero". Con ela charlamos sobre as claves deste libro e do seu recoñecemento.
    15 min
  • Diario cultural 25-09-2023
    Os acontecementos lévannos ao Festival de San Sebastián, onde conectamos con Cisco Novo para que nos fale da estrea de "O sono da sultana" e sobre como vén a semana para os galegos. Sobre a exposición "A fráxil pel do mundo" en Pontevedra charlaremos coa súa creadora, Sara Coleman, e sobre a reflexión arredor da transformación da sensibilidade. Na sección de voces expertas, Emilio Españadero pon o punto musical a este programa con Yoko Takano, que dende Xapón crea...música tradicional galega!
    30 min
  • Diario cultural 25-09-2023
    A arquitecta María Novas foi premiada na Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo pola súa obra "Arquitectura e xénero". Con ela charlamos sobre as claves deste libro e do seu recoñecemento.
    Espazo tamén para a ciencia con Estíbaliz Espinosa, que vai aclararnos cales son as diferencias entre o equilux e o equinocio.
    30 min
  • Galicia en Xogo Motor 23-09-2023
    A ruta de hoxe lévanos a Asturias, onde quedou encamiñado o Supercampionato de España de Rallys, e a dúas probas disputadas en Galicia, o Vila Termal de Cuntis e a Subida de Vilar de Barrio, ademais de facer un desvío á derradeira proba do Mundial de Motocross
    30 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00