Andrea Jamardo fala de ‘A rebelión da lectura’, un álbum ilustrado que acompaña o documental do mesmo título, dedicado ao proxecto Espazo Lectura, que leva 20 anos promovendo a lectura en galego entre rapazada e mocidade de Gondomar.
Ademais, outras dúas propostas: ‘Grande e pequena’, de Arianna Squilloni e Raquel Catalina, publicado por Kalandraka e gañador do Premio Internacional Compostela de álbum ilustrado e mais ‘A gran fuxida’, de Xosé Tomás en editorial Belagua.