O Museo do Pobo Galego desenvolveu unha nova edición do Seminario 'Museos, Feminismos, Canon' , que desta volta estivo centrado na figura de Maruja Mallo. Falamos cunha das relatoras participantes, a investigadora Estrella de Diego. Estréase en Gondomar o documental "A rebelión da lectura", que narra a historia do Espazo Lectura. Ímos descubrir como naceu e prosperou esta asociación de animación á lectura en galego. Vítor Vaqueiro e Anxel Huete mergúllannos no universo dos seres míticos do imaxinario galego abríndonos as páxinas do seu "Bestiario". Entrevistamos a Raquel Areal, a violinista de Tui que conseguiu formar parte da Filarmónica de Berlín.