Hoxe Andrea Jamardo tráenos unha novela, unha caixiña de contos e un álbum ilustrado, todas historias para ler e compartir neste Samaín.
‘Mortiña e o cuarto agochado’, de Barbara Cantini e traducido ao galego por Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González para a editorial Hércules de Ediciones. A partir dos seis anos
‘Tumbiñas: a sustoteca de Don Samariño’. Nesta caixa pequena atopamos catro libros de Ledicia Costas, Sara Cano, Patricia Casasola e Pedro Mañas. Todo ilustrado por Chiki Sánchez en Triqueta editora. De seis anos en diante
‘Noite de golpes’, de Allan Ahlberg e André Amstutz traducido ao galego por Óscar e Sandra Senra Gómez para Kalandraka. Dende os tres anos