Andrea Jamardo trae‘O carteiro de Ximaraos , de Carlos Labraña, ilustrado por Luz Beloso. Premio Manuel María de Literatura Dramática 2024, a súa lectura está recomendada de 10 anos en diante. Na Biblioteca Dramática Galega de Edicións Xerais.
‘Fani e SuperDani: atraco na tenda de lambonadas’ é o último volume da serie de Ramón D. Veiga e Ignacio Hernández. Como son libros 'reversibles', no mesmo volume atopamos outra aventura: ‘Fani e SuperDani: Samaín no Castelo’. A partir de sete anos na editorial Triqueta.