Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Celta Fortuna, nas competicións da LFP, Racing de Ferrol, Lugo, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto a... more
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 674 episodes available.
June 22, 2024Galicia en Goles Especial Futsi-BurelaFS 22-06-2024Era un encontro a vida ou morte. Trala derrota do Burela nos penaltis no primeiro envite desputado en Vista Alegre ante o Navalcarnero, o equipo de Julio delgado debía gañar si ou si para manter con vida o soño do título de liga. E así o fixo. Venceu por dous a catro e forzou o terceiro encontro que, de novo, será desputado en cancha burelá....more2h 16minPlay
June 22, 2024Galicia en goles sábado 22-06-2024Vitoria e San Tirso convertéronse nos vencedores da Copa Deputación da Coruña femenina e masculina respectivamente. Contouno o Galicia en Goles xunto á xornada de fútbol sala, que rematou co ascenso do Lugo Sala a segunda división. Tamén houbo tempo para o torneo de fútbol base de michel Salgado e o all-star futbolinlugo en Guntín....more8h 2minPlay
June 21, 2024Galicia en goles venres 21-06-2024Este venres arrincou o torneo triangular de baloncesto feminino que desputarán durante tres días a selección española fronte a China e Turquía, para preparar os XXOO de París. O primeiro encontro, con vitoria das de Miguel Méndez ante o combinado turco, contouse no Galicia en Goles. Ademáis houbo atención especial ao rali do Carballiño, á Eurocopa e á previa do fútbol sala....more3h 30minPlay
June 20, 2024España 1-0 ItaliaNarrado na Radio Galega cunha selección que tivo moitas ocasións para bater a porta de Donnarumma, que só a viu perforada por un xogador do seu propio equipo.Seguimos esperando polo debú de Joselu. O de Silleda podería ser da partida no intrascendente partido diante de Albania co primeiro posto xa decidido para a vermella....more2h 1minPlay
June 16, 2024Galicia en goles domingo tarde-noite 16-06-2024Decisións arbitrais marcaron o encontro que enfrontou en Barreiro a Celta C Gran Peña e Salamanca UDS. A derrota dos olívicos obrígaos a remontar na volta no Helmántico. Ademáis, no Galicia en Goles, contaron as finais das copas provinciais de Lugo e Pontevedra, así como as semifinais na de Coruña e a xornada da Eurocopa de Alemania 2024....more8h 2minPlay
June 16, 2024Galicia en goles domingo mañá 16-06-2024Na edición matinal do Galicia en Goles viviron a primeira semifinal, tanto feminina como masculina, da Copa Deputación da Coruña. Ademáis houbo tempo para escoitar a tódolos protagonistas da festa do ascenso do Burela Pescados Rubén e coñecer a última hora da proba da Copa Galicia de ciclismo en ruta desputada no Porriño...more2h 17minPlay
June 15, 2024Galicia en goles sábado 15-06-2024Burela viviu un sábado de contrastes coa derrota do conxunto feminino no primeiro partido polo título de liga á mañá e o ascenso dos rapaces a primeira división á noite. Entremedias, no Galicia en Goles contaron a vitoria de España ante Croacia no seu debut na Eurocopa e estiveron pendentes dos torneos de fútbol base e do campionato de España de triatlón disputado na Coruña....more8h 2minPlay
June 14, 2024Galicia en goles venres 14-06-2024Burela vivirá un sábado cheo de emocións xa dende primeira hora da mañá. O conxunto feminino desputa o primeiro partido polo título ante o Navalcarnero mentres que os rapaces conseguirán o ascenso se gañan ante o Antequera. No día previo falaron con todos os protagonistas no Galicia en Goles. Tamén atenderon ao arrinque da Eurocopa de Alemania, ao rally de Ourense, á previa do Salamanca - Celta C e os moitos torneos de base que se desputarán en Galicia os vindeiros días....more3h 30minPlay
June 09, 2024Galicia en goles domingo tarde-noite 09-06-2024O Gran Peña Celta C fixo valer o factor campo e derrotou ao UD Ourense no partido de volta da final da fase galega polo ascenso a 2ª RFEF. Esta vitoria permítelle ao conxunto celeste clasificarse para a rolda final, na que loitará por ese ascenso ante outro equipo do resto de España. Ademáis no Galicia en Goles deste domingo atenderon á final de Roland Garros, con triunfo do murciano Carlos Alcaraz, que suma o seu primeiro entorchado francés e o terceiro Gran Slam na súa carreira....more5h 26minPlay
June 09, 2024Galicia en goles domingo mañá 09-06-2024O Pazo dos deportes de Riazor volveu vivir unha mañá máxica de hoquei sobre patíns. O Liceo, tras unha prórroga, foi quen de dobregar ao Noia e igualar a dous a serie de semifinais. O quinto e definitivo encontro será na vila catalá o vindeiro martes. Ademáis, nesta mañá dominical, o Galicia en Goles estivo no Campionato Galego de Traíñas en Bueu e no autonómico de BTT en Cuntis....more2h 17minPlay
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 674 episodes available.