Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Celta Fortuna, nas competicións da LFP, Racing de Ferrol, Lugo, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto a... more
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 674 episodes available.
May 24, 2024Galicia en goles venres 24-05-2024A última hora dos grandes equipos galegos de fútbol e das eliminatorias de ascenso a 2ª RFEF foron parte dos contidos do Galicia en Goles deste venres. Ademáis o balonmán, co Cangas buscando a salvación matemática e o Cisne o ascenso a Asobal adquiriu protagonismo no polideportivo, xunto ao motor, co Rallly de Narón ou o piragüismo...more3h 31minPlay
May 19, 2024Galicia en goles domingo tarde-noite 19-05-2024A falta dunha xornada o RC Celta de Vigo conseguiu asegurar a súa presenza un ano máis na primeira división. Fíxoo tras derrotar ao Granada nos Cármenes por un tanto a dous, nun partido non exento de sufrimento porque o conxunto andaluz dispuxo dun penalti no tempo de prolongación. O empate do Cádiz ante o Las Palmas provocou o descenso directo dos gaditanos. Na segunda división o Rácing de Ferrol acariñou a vitoria durante gran parte do segundo tempo pero un gol do Zaragoza no tempo extra impediuno. O empate final deixa aos ferroláns sen case opcións de loitar polo playoff de ascenso a primeira división.Ademáis o Pontevedra derrotou ao Zaragoza B por tres tantos a un en Pasarón, remontando o resultado da ida e clasificándose para a eliminatoria final de ascenso a 1ª RFEF....more8h 2minPlay
May 19, 2024Galicia en goles domingo mañá 19-05-2024O Deportivo caeu nos cuartos de final da Copa de Campións xuvenil ante o Sevilla nun encontro que necesitou dunha prórroga, na que o conxunto hispalense anotou os dous únicos goles do partido. Ademáis, o Crat Coruña caeu na última xogada do encontro ante o Navalcarnero na final da División de Honra feminia de rugbi....more2h 17minPlay
May 18, 2024Galicia en goles sábado 18-05-2024Este sábado o Galicia en Goles centrouse na penúltima xornada da 1ª RFEF, con horario unificado salvo o encontro do Deportivo en Zubieta, sen nada en xogo, que rematou con empate a 1 dos coruñeses ante a Real Sociedad B. Foi o mesmo resultado que se deu no Espiñedo no derbi entre Arenteiro e Celta Fortuna, mentres que o Lugo caeu en Logroño. Ademáis comezaron as eliminatorias de ascenso a 2ª RFEF co empate sen goles entre Sarriana e Celta C. No resto do programa analizamos a previa dos partidos de Celta, Rácing e Pontevedra, e escoitamos aos protagonistas da Ruta Xacobea de ciclismo en Pâdrón....more8h 31minPlay
May 17, 2024Galicia en goles venres 17-05-2024O atletismo (co GP Cidade de Vigo e a Media Maratón da cidade olívica), o fútbol sala (coa final da Copa Galicia) ou a previa da final pola Liga de Rugbi feminino que desputa o CRAT Coruña foron parte dos temas do polideportivo tratados no Galicia en Goles do venres. Dentro do deporte rei, no fútbol, Roberto Carlos Carballo analizou a xornada de liga, co trascendental Granada - Celta do domingo, ou a penúltima cita na 1ª RFEF e as eliminatorias de ascenso en outras categorías....more3h 30minPlay
May 15, 2024Galicia en Goles especial Celta-Ath. Bilbao 15-05-2024A saída ao campo de Hugo Álvarez foi fundamental para os dous goles cos que os de Giráldez puideron dar a volta ao partido logo de rematar a primeira metade con derrota cun gol olímpico....more2h 56minPlay
May 12, 2024Galicia en goles domingo tarde-noite 12-05-2024Riazor converteuse nunha festa na tarde deste domingo tralo regreso catro anos despois do Deportivo ao fútbol profesional. O conxunto coruñés necesitaba gañar ante o Barcelona Athletic e así o fixo, cun tanto de Lucas Pérez de falta directa. Tralo asubí final a Radio Galega seguiu a celebración no céspede, no vestiario e na sala de prensa do feudo coruñés. Previamente a radio pública galega contou a derrota do Celta no Metropolitano ante o Atlético de Madrid que, xunto á vitoria do Cádiz, deixa aos celestes a cinco puntos do descenso. A outra mala nova da xornada foi o descenso do Obradoiro da Liga ACB. Os composteláns gañaron o seu partido no Sar ante Joventut pero o Granada gañou o seu partido ante Gran Canaria e condenou ao equipo de Moncho Fernández....more9h 58minPlay
May 12, 2024Galicia en goles domingo mañá 12-05-2024Na mañá deste domingo o Galicia en Goles centrouse na ida das semifinais polo ascenso a 1ª RFEF, coa derrota do Pontevedra CF por 2 goles a 1 no feudo do Zaragoza B. O equipo de Yago Iglesias viu como lle remontaron no segundo tempo e terá que darlle a volta á eliminatoria o vindieor domingo en Pasarón. Tamén queda todo por decidir no 1/4 de final da Copa de Campions xuvenil tralo empate a 0 entre Deportivo e Sevilla en Abegondo....more2h 17minPlay
May 11, 2024Galicia en goles sábado 11-05-2024O deporte galego espertou este sábado con resaca de baloncesto. O histórico ascenso do Básquet Coruña á Liga ACB tivo como colofón a festa celebrada durante toda a tarde na explanada de Riazor. Alí estivo para contalo a Radio Galega, como tamén viviu o emocionante triunfo do Rácing de Ferrol sobre o Alcorcón que permite aos verdes seguir na carreira por un posto nos playoff de ascenso. Posto que case acariña o Celta Fortuna na 1ª RFEF tras golear ao Rayoi Majadahonda. O Lugo tamén venceu ao Cornellá e asegura matemáticamente a salvación nesa categoría. Por último o Arenteiro rabunou un empate de Fuenlabrada....more8h 31minPlay
May 10, 2024Galicia en Goles especial Breogán-Andorra 10-05-2024O Breogán fixo as tarefas e derrotou ao Andorra nun partido no que sempre estivo por diante no marcador. Sen ter que agardar outros resultados, o conxunto lucense asegurou estar un ano máis na elite do baloncesto español. Tralo final do encontro, a festa inundou a cancha lucense, cunha perfecta unión entre público, corpo técnico e xogadores...more4h 15minPlay
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 674 episodes available.