Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Celta Fortuna, nas competicións da LFP, Racing de Ferrol, Lugo, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto a... more
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 674 episodes available.
January 26, 2024Galicia en goles 26-01-2024Abrimos o programa con Javier Manjarín, que volve a Xixón agora como técnico no Racing de Ferrol. No fútbol, conversarmos tamén co presidente do Arenteiro, Argimiro Marnotes; no baloncesto, coa ex xogadora do Uni Ferrol Patri Cabrera; e no atletismo co presidente da Federación Galega, Iván Sanmartín....more3h 31minPlay
January 23, 2024Galicia en goles 23-01-2024Especial Galicia en goles coa transmisión en directo dende o estadio de Balaídos do Celta-Real Sociedad de cuartos de final da Copa do Rei. Os vigueses encaixaron o 0-1 no minuto 2, a Real dominou todo o partido e fixo o 0-2 na segunda parte e aínda que Luca de la Torre marcou no engadido os de Benítez xa non puideron evitar a eliminación....more2h 26minPlay
January 22, 2024Galicia en goles 21-01-2024Comezamos ao mediodía con tres citas galegas na Primeira Federación: Sabadell 2-Celta Fortuna 1, Nástic 2-Lugo 0 e Real Unión 1-Arenteiro 2. E continuamos pola tarde coa vitoria do Deportivo, 2-0, sobre a Ponferradina, líder do grupo 1....more11h 40minPlay
January 20, 2024Galicia en goles 20-01-2024Mala xornada para os galegos no fútbol profesional: o Celta caeu 0-1 coa Real Sociedad, cun gol do ex celeste Brais Méndez; e o Racing perdeu a imbatibilidade na Malata, un ano despois, 1-3 co Oviedo. No baloncesto, o Obradoiro non puido co Tenerife, 86-97, pero o Ensino conseguiu un gran triunfo diante do Valencia, vixente campión de liga, 66-62....more8h 30minPlay
January 19, 2024Galicia en goles 19-01-2024Preparamos con Luis Fernando Dadíe, ex do Celta e da Real Sociedad, o primeiro choque de vigueses e donostiarras, agora en Liga. Na Segunda, coñecemos unha nova peña do Racing e na 1ª RFEF Fernando Seoane, o que foi capitán do Lugo, valora a situación do equipo. Ademais, Julio Delgado comenta o adeus de Jozi no Burela e ollamos para o partido do CRAT, líder do rugbi feminino....more3h 31minPlay
January 17, 2024Galicia en goles 17-01-2024O Celta prolonga na Copa da Rei as boas sensacións dos últimos partidos de Liga. Cun equipo con moitos suplentes habituais, os vigueses venceron en Mestalla 1-3, con dous goles de Douvikas e outro de calcaño de Luca de la Torre e unha granhde actuación dalgúns canteiráns....more3h 15minPlay
January 14, 2024Galicia en goles 14-01-2024Mal domingo para os galegos na Primeira Federación: o Celta Fortuna caeu na casa 0-1 co Nástic e o Deportivo perdeu 1-0 coa Cultutal, rival directo polo ascenso. No fútbol, narramos tamén a derrota do Compos en Santiago e escoitamos os adestradores do Pontevedra e do Coruxo. No baloncesto, o Celta superou 73-66 o Barcelona mentres que na ACB caeron o Breogán e o Obradoiro....more11h 15minPlay
January 13, 2024Galicia en goles 13-01-2024Empates galegos na 1ª e 2ª División: o Celta volveu cun punto de Palma, 1-1, e o Racing de Ferrol foi quen de igualar co Espanyol na Malata, 0-0. Na Primeira Federación, o Arenteiro superou o Barça B, 2-0, pero o CD Lugo sucumbiu en Tarazona, 1-0....more8h 30minPlay
January 12, 2024Galicia en goles 12-01-2024Gran noite para o baloncesto galego na LEB Ouro: o Basquet Coruña gañoulle 97-82 ao Melilla e certificou a clasificación para disputar a Copa da Raíña; e en Ourense o COB superou 99-77 ao Valladolid. No fútbol, as previas da xornada e entrevista co central do Deportivo Pablo Martínez....more3h 29minPlay
January 07, 2024Galicia en goles 07-01-2024Domingo de Copa do Rei de fútbol: o Celta pasa a oitavos ao gañar 2-4 en Amorebieta e o Racing perde co 1-2 Sevilla condicionado pola expulsión de Manzanara. A xornada de 2ª e 3ª RFEF e, no baloncesto, o Breogán pode co Granada, 85-79, e o Obra leva o Barça á prórroga no Palau, 92-90....more11h 15minPlay
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 674 episodes available.