Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Celta Fortuna, nas competicións da LFP, Racing de Ferrol, Lugo, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto a... more
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 674 episodes available.
December 09, 2023Galicia en goles 09-12-2023Tarde do sábado repleta de competicións: fútbol co Celta B-Cultural na 1ª RFEF e co Ourense CF-Pontevedra na 2ª RFEF; baloncesto co Bilbao-Breogán, o derbi Uni Ferrol-Ensino e o Celta-Girona; balonmán co Cangas-Torrelavega e fútbol sala coa gran vitoria do Noia diante do Inter....more7h 60minPlay
December 08, 2023Galicia en goles 08-12-2023O que foi centrocampista do Celta e do Rayo Vallecano, Roberto Trashaorras, debúllanos o partido que os vigueses xogarán en Madrid. Na Segunda División, conversamos con Diego Rivas, ex porteiro do Racing de Ferrol e agora preparador no Arenteiro. e tamén saudamos o adestrador do Ourense CF, Rubén Domínguez, antes do derbi da Segunda RFEF co Pontevedra....more3h 22minPlay
December 07, 2023Galicia en goles 07-12-2023Especial Galicia en goles polos partidos da segunda eliminatoria da Copa do Rei de fútbol: o Racing de Ferrol venceu na Malata 1-0 ao Leganés, líder da Segunda División, e o Celta sufriu para gañar 1-2 no campo do Sestao, equipo da 1ª RFEF, grazas a un rigoroso penalti sinalado no treito final do partido....more3h 16minPlay
December 06, 2023Galicia en goles 06-12-2023A narración íntegra das tres eliminatorias da segunda rolda da Copa do Rei de fútbol que xogan este mércores equipos galegos: o Dépor perdeu no último instante da prórroga co Tenerife (2-3), o Arenteiro foi superado polo Burgos (1-3) pero o Lugo venceu un conxunto de Segunda, o Mirandés (2-0). Ademais, conectamos co baloncesto para ir seguindo o partido da Liga de Campións do Breogán en Turquía....more11h 15minPlay
December 05, 2023Galicia en goles 05-12-2023Retransmisión especial dende A Lomba polo Arosa-Valencia da segunda eliminatoria da Copa do Rei de fútbol. O equipo de Primeira adiantouse no minuto 8 pero logo o Arosa tivo varias ocasións claras para facer gol e a escadra de Rubén Baraja acabou pedindo a hora ante un conxunto de Terceira RFEF....more2h 28minPlay
December 04, 2023Galicia en goles 04-12-2023Especial Galicia en goles polo partido da 15ª xornada de liga de Primeira División entre o RC Celta e o Cádiz no estadio de Balaídos. Os andaluces adiantáronse no minuto 16 noutro erro da defensa do Celta pero logo sufriron unha expulsión rigorosa. E aínda xogando en superioridade máis dunha hora os de Benítez só foron quen de sacar un empate, 1-1....more2h 34minPlay
December 03, 2023Galicia en goles 03-12-2023Domingo de chuvia de goles na Malata, Racing 5-Albacete 4, e tres triunfos galegos na 1ª RFEF: o Dépor remonta no engadido en Barcelona, o Celta Fortuna vence nas Gaunas e o Arenteiro supera 2-0 o Sabadell. E no derbi da 2ª RFEF, 3-0 para o Pontevedra diante do Compostela. No baloncesto, o Real Madrid de Musa esmaga o Breogán e o Ensino malla no Barça, 85-60....more11h 14minPlay
December 02, 2023Galicia en goles 02-12-2023O sábado comezou con ledicia, a que nos trouxo o Lugo ao gañar 0-1 en Sestao con outro gol de Willy Ledesma. No fútbol, contamos tamén o derbi da 2º RFEF, Coruxo-Ourense CF, e a vitoria do Arosa ante a UD Ourense antes de recibir o Valencia na Copa. E no baloncesto, outras dúas alegrías: o Obradoiro impúxose 87-92 en Tenerife e o Celta superou 67-80 ao Gran Canaria....more7h 60minPlay
December 01, 2023Galicia en goles 01-12-2023Teresa Abelleira tivo a súa merecida homenaxe en Pontevedra e as campioas do Mundo de fútbol conseguiron a clasificación para a semifinal da Liga de Nacións malia perder 2-3 con Italia. Nun caos difícil de entender, España iniciou o segundo tempo con só nove xogadoras preparadas. Ademais, Paco Santos repasa a actualidade do resto do fútbol galego con especial atención á Segunda División e á 1ª RFEF....more3h 31minPlay
November 26, 2023Galicia en goles 26-11-2023Un moi discutible penalti con expulsión frea o Racing cando gañaba 0-2 en Leganés. Na 1ª RFEF, narramos dende Riazor outro tropezo do Deportivo e a derrota do Celta Fortuna na casa. E, mentres, pendente do Breogán na ACB e do partido do Universitario de Ferrol....more11h 14minPlay
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 674 episodes available.