Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Celta Fortuna, nas competicións da LFP, Racing de Ferrol, Lugo, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto a... more
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 674 episodes available.
November 25, 2023Galicia en goles 25-11-2023O Celta consegue, por fin, deixar a portería a cero, aínda que non lle chegou para gañar en Mestalla. Na 1ª RFEF, centramos a atención no derbi Lugo-Arenteiro, que levaron os do Carballiño. E no baloncesto, escoitamos a Moncho Fernández e a Álvaro Muñoz tralo Obradoiro 77-Granada 94 no Sar....more7h 60minPlay
November 19, 2023Galicia en goles 19-11-2023Comezamos o domingo coa vitoria do Celta Fortuna, 0-2, en Teruel; no baloncesto, o Obradoiro xoga en Manresa, o Ensino recibe o Gran Canaria e o Celta vai a Barcelona; e no fútbol sala temos derbi histórico O Castro-Burela. Pola tarde, narramos o Racing-Burgos na Malata e o 0-1 do Lugo en Sabadell....more11h 13minPlay
November 18, 2023Galicia en goles 18-11-2023A tarde comeza co tropezo do Deportivo en Tarazona, onde cedeu un empate no minuto 96. Pola contra, o Arenteiro puido co Cornellá, 1-0, no Espiñedo. Na Segunda Federación todo foron boas novas: gañaron o Compostela, o Coruxo e o Racing Vilalbés....more7h 60minPlay
November 17, 2023Galicia en goles 17-11-2023Medimos a febre polo Racing nunha sinatura de autógrafos con Álex López, Bernal e Carlos Vicente. No fútbol, conectamos tamén con Tarazona para saudar o presidente do club na véspera de recibir o Deportivo. No volei, escoitamos o adestrador do Emevé feminino, Pascual Saurín, e no fútbol sala, a Chipi, o técnico do Parrulo. E Wendy Rey, do Viravolta, danos a última hora da gala de ximnasia rítmica da fin de semana en Compostela....more3h 30minPlay
November 12, 2023Galicia en goles 12-11-2023A xornada íntegra do domingo, cos partidos do Celta Fortuna e do Lugo na 1ª RFEF; os do Pontevedra e o Compos na 2ª RFEF; a vitoria do Dépor na liga feminina; balonmán co Cangas-Huesca no Gatañal e o triunfo do Obradoiro sobre o Baskonia, 108-95, despois de dúas prórrogas....more11h 14minPlay
November 11, 2023Galicia en goles 11-11-2023Empezamos o sábado coa 3ª e co partido do Ourense CF en Oira. Logo narramos o triunfo do Racing en Miranda, o 2-0 do Dépor en Riazor e o empate do Arenteiro no campo da Real B, ademais de estar pendentes do baloncesto co Breogán-Joventut....more7h 60minPlay
November 10, 2023Galicia en goles 10-11-2023O Celta vive outro drama no novo San Mamés. Despois de adiantarse por dúas veces no marcador e logo de que Iago Aspas, que marcara o seu primeiro gol da temporada, fallase un penalti, os de Benítez acaban perdendo 4-3 por mor doutro penalti no último minuto do tempo engadido....more3h 30minPlay
November 05, 2023Galicia en goles 05-11-2023Todas as retransmisións do domingo: comezamos ao mediodía cos partidos do Ourense CF e do Dépor feminino; seguimos co Porriño-Guardés do balonmán e o Racing-Andorra na Malata e, pola tarde, o Sestao-Celta Fortuna, o Real Unión-Deportivo e o Unionistas-Lugo....more11h 16minPlay
November 04, 2023Galicia en goles 04-11-2023Os partidos da tarde do sábado, empezando na Magdalena co Racing Vilalbés-Zamora, pasando por Baltar para contar o triunfo do InterRías, o Arenteiro-Fuenla dende o Espiñedo e, dende Balaídos, o empate do Celta nun partido que rematou cun penalti sinalado e logo anulado no tempo engadido....more8h 60minPlay
November 03, 2023Galicia en goles 03-11-2023Roberto Carlos Carballo preséntanos o menú máis completo das competicións da fin de semana, con especial atención ao Celta-Sevilla e ao Arenteiro-Fuenlabrada do sábado. Ademais, seguimos en directo os encontros que xogan os tres equipos da liga feminina de baloncesto: La Seu-Ensino, Uni Ferrol-Bembibre e Celta-Araski....more3h 31minPlay
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 674 episodes available.