Neste programa coñecemos a Emilio Fernández, Milu, un blogueiro coruñés que cada semana, entre xornada e xornada de Liga, percorre tantos kilómetros como marque o resultado do seu equipo, o Dépor. Javi Mos cóntanos como uns hackers conseguiron enganar a IA de Meta para trolear contas de Instagram. Tamén comenta a intención de Google de permitir crear anuncios coa axuda da súa IA. Ademais falamos da nova familia de procesadores de Nvidia, os RTX Spark. Marcus Fernández anuncia que a nova versión do xogo Call of Duty non servirá paras a PS4, pero si para a Switch 2 e explica cales serán as novas funcións que aplicará gmail. Entre elas está a posibilidade de cambiar o noso enderezo electrónico.