Igalia é unha empresa coruñesa especializada na creación de software libre que captou a atención dun xigante da industria do videoxogo como Valve. Un dos fundadores de Igalia, Alberto García, cóntanos como a súa empresa está desenvolvendo compoñentes para a consola e as lentes Steam de Valve. No programa advertimos sobre a proliferación de calotes co emprego do QR Rishing, o uso de códigos QR para roubar información confidencial. Javi Mos fálanos do informe de Kaspersky, que revela que o 80 por cento dos usuarios españois almacena os seus datos sensibles en formato dixital. Marcus Fernández anuncia a próxima saida ao mercado do Steam Controller. Ademais comentamos a crise de X e a festa que organiza o Museo Estrella Galicia inspirada nos videoxogos, que contará con música en directo da coñecida pianista e streamer española Elesky.