Venres en punto!

Venres en punto!

By Roi P. VilaNewsPolitics
Download on the App Store

Venres en punto! episodes

  • Estado da Autonomía: o parlamento neutralizado.

    Neste novo episodio de Venres en Punto, analizamos o Debate do Estado da Autonomía 2025: promesas recicladas, copias de discurso, desprezo á oposición e un parlamentarismo galego en coma inducido. Que queda do espírito democrático? E que marxe real de acción ten o BNG nun sistema bloqueado por un PP hexemónico e un PSOE irrelevante?

    17 min
  • (ex)CRTVG: Galicia sen esfera pública?

    O PP aproba a nova lei da CRTVG (CSAG) e xa pode nomear a súa dirección sen consenso. Máis control político, menos pluralismo e unha TV pública convertida nun instrumento de partido?

    📺 Como afecta isto á información que recibimos? Que queda dos medios públicos galegos como espazo de debate e reflexión? Neste episodio analizamos o impacto desta reforma e o papel dos medios públicos na esfera pública galega.

    17 min
  • O Partido Populista e a degradación institucional da Xunta

    Neste episodio de Venres en punto! analizamos como o Partido Popular de Galicia está a derivar cara a un populismo irresponsable que pon en perigo a credibilidade das institucións. Desde o “cambio climático é unha oportunidade” ata os “inquiocupas” e a manipulación de datos lingüísticos, repasamos as súas últimas ocorrencias e o impacto que teñen na política galega.

    19 min
  • D.E.P. PSdeG-Compostela

    Analizamos o futuro político de Santiago tras a ruptura interna do PSdeG local e as posibles estratexias que pode ter o BNG para gobernar nunha cidade marcada pola oposición do PP e os retos dun grupo non adscrito en terra de ninguén. Contexto, claves e escenarios nun episodio que pretende axudar a entender o taboleiro político compostelá.

    15 min
  • O ciclón da extrema dereita que sacude Occidente… pero que Galicia sabe esquivar(?)

    Neste episodio, exploramos o ascenso da extrema dereita en Europa e como Galicia consegue evitar ser arrastrada por este fenómeno global. A través dunha análise das dinámicas internacionais, reflexionamos sobre como a falta dunha estratexia clara da Unión Europea e o seu afastamento do debate cidadán facilitan que actores como Musk e líderes ultradereitistas medren ao seu redor. A incapacidade da UE para abordar as súas debilidades estruturais a converte nun obxectivo fácil para os seus críticos, especialmente no contexto dunha Europa que non logra xerar un verdadeiro debate paneuropeo. Ao mesmo tempo, en Galicia, a ausencia de problemáticas identitarias e o distanciamiento da dereita española da identidade galega axudan a manter un perfil político distinto, mantendo a nosa comunidade máis alonxada da influencia desta onda reaccionaria.

    14 min
  • Comisión silenciada en Galicia e crise parlamentaria en Francia

    Nesta semana analizamos o bloqueo da comisión de investigación en Galicia, onde o PPdeG utilizou a súa maioría absoluta para evitar calquera control efectivo sobre os contratos cuestionados da Xunta. Ademais, trasladámonos a Francia para abordar a profunda crise política tras a caída do goberno de Michel Barnier, con Marine Le Pen emerxendo como favorita nun panorama de crecente desafección. Dous contextos que nos lembran os perigos da falta de transparencia e a erosión da confianza cidadá.

    17 min
  • Pacto polo galego, orzamentos e luces de Vigo.

    No primeiro episodio dos Venres en Punto!, Roi analiza o debate político dos orzamentos e como as ideas forza do BNG están a influír nas políticas públicas do PPdeG. Tamén afondamos na polémica arredor do pacto polo galego, coas críticas internas no PP e a demisión de Daniel Chapela, mentres reflexionamos sobre o futuro da lingua. Finalmente, viaxamos a Vigo para falar das luces de Nadal: éxito turístico ou oportunidade perdida para elevar a calidade e conectar coa identidade galega? 15 minutos para comprender a actualidade galega semana a semana.

    16 min

About Venres en punto!

From the publisher's feed

Podcast semanal onde analizamos a actualidade política e social de Galicia con mirada crítica e rigor. Cada xoves, Roi achéganos os temas que marcan a axenda: dende debates parlamentarios e movementos…