Miguel Alonso é un cantautor e escritor de Caranza. Desde os seus comezos, a súa música está influenciada polo folk e o rock americano e pola canción de autor española e latinoamericana. Conta con tres discos editados: "A noite dous cans" (2010), "Como deuses de alugueiro" (2014) e "Literaria" (2018), ademais de varios EPs. Aínda que é o letrista habitual das súas cancións, habitualmente en galego, en ocasións ten musicalizado a poetas galegos e galegas actuais.
Alonso tamén é membro de Minguante e da banda infantil Música Miúda, ademais de ser escritor con dúas novelas publicadas ata o de agora: "O caso Quintana" (Belagua Edicións, 2017) e "O caso dous amantes de París" (Belagua Edicións, 2021).