Basal é unha fusión de estilos diversos, pintando a música galega desde o magma da composición con temática filosófica, política, persoal, social... A Pedreira ten a capacidade de escribir versos implacables de enorme certeza
ou de escoller poemas suntuosos para musicar. Pasea polas creacións melódicas que se revisten da expresividade da lingua galego-portuguesa.
As cancións que compoñen este novo traballo van desde unha paixón arrebatada a unha tenrura que calma, a berrar conscientemente a dor e analizala, a facerse amigos do medo. Son para bailar, rir, chorar e pasear nun mapa emocional excelentemente trazado.