O reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao recibiu este mércores, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, ao alumnado da terceira promoción do Máster Erasmus Mundus en Sustentabilidade e Industria 4.0 Aplicada ao Sector Marítimo (SEAS 4.0). Ao longo da semana, os 19 estudantes matriculados no máster Erasmus Mundus SEAS 4.0 e procedentes de Pakistán, Nixeria, Azerbaixán, Sudán, Turquía, Camerún, Colombia, Irán, Rusia e Perú visitarán a cidade departamental e os seus concellos limítrofes, o Museo da Construción Naval (Exponav) así como os estaleiros de Navantia en Ferrol e Fene. Está previsto que mañá, xoves 15 de febreiro, ás 09:15 horas, os reciba o alcalde do Concello de Ferrol, José Manuel Rey Varela, nun acto institucional no Pazo Municipal.