O evento desenvolverase o vindeiro 30 de setembro, con saída e
chegada no paseo marítimo de Xuvia, onde ás 8.00 horas sairán as persoas
que participarán na modalidade ciclista (E-Bike e MTB) e unha hora máis tarde
sairán os de marcha, nas diferentes categorías. Os 85 menores que
participarán por primeiro ano nesta convocatoria realizarán tralas indicadas
saídas, sobre as 10.00 horas, uns percorridos polo paseo de Xuvia, adaptados
á súa idade. Entre os 1.100 participantes hai unha ampla representación de
mulleres, un total de 140, “o que é unha cifra moi significativa para este tipo de
probas”, tal e como indicaron dende o club deportivo 21 Leguas.