O municipio das Pontes prepárase para celebrar, esta próxima fin de semana, a VIII edición de “Cita coa Historia”, un evento organizado polo Concello, en colaboración coa asociación veciñal Lembranza da Vila.
Durante os días 15, 16 e 17 da setembro as rúas do casco histórico das Pontes retrocederán no tempo para acoller distintas actividades coas que se busca afondar nos xeitos de vida na localidade durante período galaico romano.
En palabras da concelleira de Cultura, Lorena Tenreiro, “Nesta oitava edición volvemos a apostar pola divulgación do noso patrimonio histórico e cultural, a través de diferentes propostas que inclúen obradoiros de recreación histórica, xogos, demostracións de artesanía así como espectáculos musicais e de cetrería para, dun xeito lúdico e didáctico, achegar á poboación pontesa ás orixes do noso municipio”
As actividades arrancarán, o venres, 14 de setembro, ás 17:00 horas coa apertura do mercado e a rúa dos oficios para dar paso a un obradoiro guiado sobre forxa antiga e traballo do metal e á visita guiada ao Museo Etnográfico Monte Caxado.
Tras o pregón, que terá lugar ás 20:30 horas, na Praza da Igrexa e que correrá a cargo do veciño José Miguel Varela Lamigueiro, haberá un pasacalle a cargo do grupo local de música tradicional Os Feroces da Galgueira.
As actividades continuan o sabado e o domingo