O Padroado da Cultura abri ata o 23 o prazo de matrícula nas Escolas
Culturais Municipais. As persoas interesadas en acudir deben inscribirse nas
oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 e de
17.00 a 19.00 e os sábados de 10.00 a 13.00, podendo solicitar máis
información ao respecto chamando ao número de teléfono 981 391 144
(extensión 2806) ou a través do correo electrónico: [email protected] . Entre a oferta das Escolas Tradicionais están as clases de Danza
tradicional, Canto e pandeireta (a partir de 5 anos); Gaita, Acordeón e
Percusión tradicional (a partir de 6 anos); Zanfona (dende os 8 anos);
Construción de instrumentos (a partir de 16 anos) e, para os nenos e nenas de menor idade, de 3 e 4 anos, está O Recuncho dos Pequechos.
Outra das opcións a elixir son as Escolas Artísticas, donde hai
novamente dúas opcións: Teatro (a partir de 4 anos) e Debuxo (a partir de 6
anos) e dende a Escola de Formación de Actores e Actrices (a partir de 16
anos), segundo e terceiro e o Practicum. No Padroado da Cultura tamén se ofrecen clases de Bailes de salón (a partir de 4 anos).
O prezo de cada unha destas actividades é de 63,10 euros por curso a
excepción de bailes de salón, que é de 31,60 euros por matrícula e unha cota
de 15 euros ao mes e do segundo e terceiro curso da Escola de Formación
Actoral, cuxo importe é de 208 euros por curso. As persoas que teñan tres
matrículas ou máis e a unidade familiar na que se realicen tres ou máis matrículas poderán acollerse ao fraccionamento de pago, aboando o 50% no
momento da matrícula e o 50% restante entre o 1 e o 15 de decembro deste
ano.