O Campus Industrial de Ferrol e a Escola Universitaria
de Deseño Industrial participan mañá, venres 17 de marzo, ás 20:30 horas nunha pasarela de
traxes tradicionais galegos que se celebrará no Teatro Jofre de Ferrol.
A Asociación Etnográfica Sete Espadelas de Pontevedra co apoio institucional do
Concello de Ferrol, do Campus Industrial da Universidade da Coruña e da Escola Universitaria
de Deseño Industrial presentará no Teatro Jofre o seu espectáculo “A Tradición no Espello”
unha pasarela de traxes xa amosada, con grande éxito de asistencia, en Pontevedra no Pazo
da Deputación provincial, na Coruña no Teatro Colón, en Santiago de Compostela no Panteón
de Galegos Ilustres, entre outros escenarios.