O sábado, 11 de marzo, o Concello das Pontes acollerá, a partir das 10:00 horas, na Casa Dopeso unha xornada técnica sobre comunicación e igualdade
Una xornada na que participarán Ana Pardo de Vera, xornalista de Público, Montserrat Boix, delegada de Igualdade, Diversidade e Inclusión de RTVE, na Secretaría Xeral de RTVE, e Ana Peláez, alta Comisionada para a Solidariedade e a Cooperación Internacional do Grupo Social ONCE e Vicepresidenta da Fundación ONCE para América Latina (FOAL), así como Enma Cid, directora de Comunicación do Concello de Coruña e Marta Mancebo, redactora do xornal El Progreso. Trátase dun espazo de reflexión e debate organizado polo Concello das Pontes que quere dar a coñecer a importancia do audiovisual e a comunicación nos procesos de socialización e de transmisión de valores, esenciais para rachar cos estereotipos. As persoas interesadas en participar nestas xornadas deben confirmar a súa asistencia no teléfono 685 21 18 82