La muestra la presentan con este texto: "Durante os primeiros meses do 2020 percorrimos parte da península co noso novo álbum “You & I”. Durante as viaxes, o interese por captar a paisaxe de forma instintiva levounos a fixarnos na fotografía. Elisa namorou dunha cámara dixital de aspecto analóxico, recordoulle á de Elisabet Vogler, e comezou a captar esos momentos silandeiros e quedos cos que un vese obsequiado só cando viaxa.
Coa chegada da pandemia vímonos obrigados a parar, coma todo o mundo. O disco quedou a medio presentar.
Ante a imposibilidade de movernos, acudir a Abrigueiro, ou tocar en directo, establecín un estudo nunha das habitacións do noso pequeno apartamento. Comezamos a experimentar guiados por unha nova quietude, empregando como método de composición a mesma técnica que Elisa utilizara para fotografíar as nosas peregrinaxes musicais: a improvisación.
“Hacia dentro” é esta experiencia, é o pracer do silencio, o rendirse a cada instante do presente"