a exposición Ferrol no tempo, unha das principais citas culturais deste outono e inverno nesta cidade, coa que se convida a explorar a identidade e legado dunha urbe que, tantas veces ao longo da historia, embarcou a Galicia na modernidade, amosando unha prodixiosa capacidade para a innovación técnica e a creatividade cultural.
A mostra, que se pode visitar de balde na Sede de Afundación en Ferrol ata o 28 de xaneiro de 2023, está organizada pola Xunta e Afundación e conta coa colaboración dunha decena de institucións, entre as que se contan arquivos e museos nacionais, como o Museo Naval de Madrid, o Arquivo Xeral de Simancas, Patrimonio Nacional, o Centro Xeográfico do Exército ou o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, así como de institucións locais relevantes, como o Ateneo de Ferrol, o Museo Naval de Ferrol, a Diocese Mondoñedo-Ferrol ou a Fundación Hospital de la Caridad.