Gostalle estrebir dende que era unha nena e agora publica o terceiro
Poemario titulado "Onde nacen os Pexegueiros". Para adicarse a escrita formou parte do Obradoiro Literario en Fene durante dez anos, da man de Eduardo Estévez y mais tarde doutro de Escritura Creativa na Biblioteca de Ferrol con Luz María Leira Rivas. Reenganchouse logo a un taller da escrita durante varios anos na Biblioteca de Fene e que estivo a cargo do poeta Pablo Bouza Suárez. Na actualidade compaxina a sua faceta de facer poesia cos microrelatos. Ata o de agora os seus poemas están espallados nalgunhas revistas, como” Voces para a Catalepsia”, “Tejiendo microhistorias”, “Microfaíscas”, “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da
emoción”, “Poesía en Feminino “Mulleres do rural” e forma parte asimesmo do Colectivo Literario Moraima. E habitual vela colaborar en recitáis poéticos ou en eventos culturais. Onde nacen os Pexegueiros é un poemario dedicado á casa familiar paterna, observada cos ollos da nostalxia. "Son os meus recordos a través dos anos da infancia e xuventude principalmente. Aínda que tamén percorre outros anos de madurez. Quérese facer tamén unha homenaxe a toda a xente da aldea, á súa loita e fortaleza. Tamén á
muller que xoga un papel tan importante, aínda que moitas veces solapado. E como non podería ser doutro xeito unha homenaxe tamén á natureza, que está moi presente ao longo do poemario."