O Concello de Cabanas, a través da área de turismo, presentou hoxe en Barcelona os sabores do Eume no “Gastronomic Forum Barcelona”, considerado o principal evento culinario do calendario anual das citas gastronómicas que se celebran no conxunto do Estado. “Apostar por produtores locais e produtos e proximidade para crear a oferta
gastronómica de Cabanas e da comarca do Eume é unha oportunidade para
fomentar o emprego de calidade no sector, fixar poboación e coidar o territorio”,
indicou o tenente alcalde e concelleiro de turismo de Cabanas, Iago Varela.
“Coidar e impulsar a oferta gastronómica do noso concello supón avanzar na
diversificación e desestacionalización da promoción turística na que vimos
traballando nos últimos tempos”, concluíu Varela.