Rosalía Bermúdez e Nanda Cabaleiro presentan hoxe as 19.30h, na Central Librera de rua Dolores “7 herbas máxicas” (Hércules de Ediciones,
2021). As autoras estarán acompañadas pola editora da obra, Laura Rodríguez Herrera, e farmacéutica, investigadora e divulgadora María Moure de Oteyza. “7 herbas máxicas” é unha obra con coidadas ilustracións que relata as historias que xiran ao redor destas 7 herbas máxicas, 7 panaceas do mundo vexetal: a melisa, a herba luísa, o romeu, o sabugueiro, o ourego, a salvia e o áloe vera. Ademais, explica as súas propiedades e usos máis estendidos e a súa aplicación práctica de xeito sinxelo. Trátase dun libro que busca fomentar un estilo de vida saudable e os coidados naturais, así como o coidado da natureza.