O grupo formado polos feneses Daniel Bellón e Diego Maceiras, BellónMaceiras, acaba de publicar o seu primeiro conto musicado dirixido ao público infantil e familiar construído a partir dun texto de Pepablo Patinho. O dúo fenés compuxo a banda sonora de A Música dás buguinas, unha selección de temas populares e obras propias. Das ilustracións do conto ocupouse Leandro Lamas, e Gloria Mosquera, de Mamá Cabra, convértese na narradora. O libro-disco está dispoñible desde esta semana na web www.bellonmaceiras.com e na Escola de Música BellónMaceiras en Fene. «O mundo de Roque, o neno que escoitaba os sons do mundo a través dá súa buguina» sinalan Daniel e Diego, «pretende achegar a música tradicional galega ó público infantil e facer que os adultos a redescubran». Un traballo cunha coidada selección dos xéneros máis coñecidos e queridos da nosa tradición: muiñeiras, alboradas, pasodobres, pasacorredoiras ou regueifas forman parte deste novo traballo dos músicos feneses que, unha vez máis, volven sorprender cun libro musical que se pode converter no agasallo perfecto deste Nadal.