O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, informou de varios cambios no tráfico rodado que comezaron xa o mercores nas inmediacións do Pazo da Cultura con motivo da realización do cribado anunciado pola Xunta de Galicia. O edil naronés avanzou que
ata o 9 de marzo, entre as 7.30 e as 18.30 horas a rúa
María Casares pasará a ter un único sentido de circulación cara á rúa San Xosé Obreiro e a rúa Vilar Ponte.
Así mesmo, ate o luns entre as 07.30 e as 18.30 horas o sentido de circulación da rúa San Xosé Obreiro entre as rúas Vilar Ponte e Ramón Cabanillas pasará a ser o contrario do habitual.
O concelleiro de Seguridade Cidadá indicou que estas variacións no tráfico rodado están debidamente indicadas na zona e solicita desculpas polas posibles molestias ocasionadas. Incide novamente na importancia de que as persoas que reciban a citación do Sergas para acudir ás probas do cribado se desplacen na hora indicada ao
aparcadoiro do Pazo da Cultura para participar no mesmo e colaborar na prevención da propagación da Covid-19.