FEANPAs ven de poñer a disposición de todas as persoas vencelladas ao ensino público do país unha canle telematica, co obxectivo de recoller todas aquelas incidencias que, en xeral, están afectando ao alumnado, para poder analizalas e canalizalas, fortalecendo así a nosa labor en defensa dun ensino público de calidade.
Esta canle non está orientada ao asesoramento ou resolución de cuestións de carácter individual.
Os particpantes deberán facilitar os datos da persoa que rexistra a incidencia así coma a información necesaria para poder valorala.