O Concello de Cedeira invita á veciñanza a gozar do Samaín dunha maneira diferente, desta volta sen xuntanzas nin a tradicional exposición, para cumprir coa
tradición ao tempo que mantemos a distancia e todas as medidas de prevención recomendadas polas autoridades sanitarias. A concelleira de Cultura, Ermitas García, explicou que este ano as casas van ser o núcleo da festa e invitou a tallar as cabazas ou os melóns en familia para poñelos durante a tarde-noite do sábado 31 nas portas ou nas fiestras, cunha candea que as ilumine e lles dea o seu aspecto arrepiante.