O programa de contidos do proxecto está estruturado de maneira que o alumnado participa en dous seminarios e dúas titorías mensualmente e que, nesas sesións pode
coincidir unha visita a algunha zona ou entidade de interese ou ben un encontro con algunha persoa do sector ou que desenvolva a súa actividade en relación a él.
O primeiro dos seminarios versou sobre o sector pesca - mar e o seu obxectivo non foi outro máis que o de ofrecer unha visión xeral da estrutura que ten o sector, de cómo se organiza, coñecer recursos web nos que obter información de interese e recoñecer o peso que o sector ten en números na nosa comunidade.
A visita realizada a pasada semana á confraría de pescadores de Barallobre na que o alumando puido coñecer, da man de Jorge, o patrón maior, a estructura e
funcionamento da confraría ademais de ver o produto extraído (ameixa, ostra,etc) polas persoas asociadas do pósito. Coñeceron tamén a parte de depuradora e o punto de venta final que xestionan tamén dende a propia confraría.